Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As 5 medidas para revivir deportes carballés

Xuntanzas deportivas do Concello de Carballo
Xuntanzas virtuais do Concello de Carballo cos clubs deportivos
As 5 medidas para revivir deportes carballés

Rematou a rolda de contactos entre o Concello e as entidades e clubs deportivos para tratar de articular medidas que contribúan a paliar o efecto da crise sanitaria provocada polo coronavirus. O aspecto económico é chave e hai unha preocupación xeneralizada polo mantemento de equipos e persoal técnico.
Tamén hai interese por ver como ir recuperando a actividade non competitiva.

Polo de pronto, son 5 as medidas consensuadas para a reactivación, tendo o compromiso do alcalde e o concelleiro de Deporte, da necesidade de “adaptar os orzamentos á nova realidade”:

  • Manter ou incrementar, sempre que a situación orzamentaria o permita, das subvencións de actividade xeral destinadas ao deporte, tanto para este ano como para o que vén.
  • Dotar ás entidades de liquidez para garantir a súa subsistencia, e con esa finalidade está previsto convocar á maior brevidade as subvencións para este ano e, de cara ao 2021, tan pronto como sexa aprobado o orzamento municipal, ademais de realizar o pago anticipado do 95% das subvencións concedidas
  • Poñer a disposicion das entidades deportivas os equipamentos deportivos municipais durante os meses de xullo e agosto, eliminando ou minimizando o peche de verán.
  • Adoptar protocolos estritos que garantan a seguridade sanitaria na práctica deportiva e favorezan o retorno de usuarios á mesma.
  • Colaborar en campañas de promoción de deportes minoritarios en perigo de redución de actividade.

Comentarios