Xoves. 28.03.2024
El tiempo

5 produtos da Costa da Morte, estrellas provinciais no Xantar

Xa o ano pasado foi un auténtico Xantar con sabor costeiro. E a deputación quere seguir insistindo na posta en valor da gastronomía da provincia, especialmente da Costa da Morte. De aí que dos 5 showcookings que realizará esta semana na feira ourensá, 4 sexan costeiros.

O Bolo do Pote de Mazaricos no Xantar do ano pasado
5 produtos da Costa da Morte, estrellas provinciais no Xantar

O 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico desenvólvese en Ourense dos días 6 a 10 de febreiro en Ourense. Alí van estar moi presentes, con esas demostracións en vivo, os pinchos irmandiños de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, o polbo á mugardesa, o pan e a empanada de Carballo, como referentes gastronómicos da provincia. As filloas de Zas, que o ano pasado foron protagonistas, non poderán estar por estar ocupadas no Trail da Filloa.

Ademais, haberá tamén degustacións, entre as que destaca a da tortilla romana ou ceviche de raia de Muros-Noia.

Serán varios os produtos que leve, por exemplo o Concello de Vimianzo. Por exemplo terán produtos locais de Productos Cárnicos Dominguez, produtos elaborados con auga do mar da empresa Brétema, produtos das panaderías locais: Bica de Vimianzo, Pedras do Castelo.

Un escaparate

"Xantar converteuse nun escaparate privilexiado de turismo gastronómico no que a presenza dos concellos da Coruña supón xa un referente no sector", destaca o deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira para quen a riqueza gastronómica supón " un importante atractivo para o turismo e unha chamada a que nos visiten e coñezan o territorio”.

Xose Regueira falando da feira Xantar

O deputado Xosé Regueira falando deste novo Xantar

Novas relacionadas

Comentarios