Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Costa da Morte

6 trasn@-empresari@s explican o concepto de Turismo Responsable do Camiño dos Faros

Tras unha primeira xornada na que Ios trasn@s demostraron que ían seguir loitando pola “oficialización”, o I Foro Camiño dos Faros continúa toda a semana (ás 11:00h en directo no Facebook “O Camiño dos Faros” e na súa canle de Youtube).

Este mércores os protagonistas foron os empresarios. Falaron, vertebrando de norte a sú a bisbarra, Enrique Pérez Sampedro, Comercial de Travels to Finisterre (Cee); Silvia Bouzas, directora del Hotel Playa de Laxe; Sandra Varela, propietaria da Casa de Lelo (Valarés, Ponteceso); Isabel de Simón, propietaria do Bar Restaurante Xan (Barizo, Malpica); Marcos Baña, Propietario do Bar A Molinera (Camelle, Camariñas); e Antonio Sambade, taxista de Camariñas.

Contaron as súas experiencias e como o Camiño dos Faros inflúe nos seus pequenos negocios, tendo como fío condutor o concepto de “turismo responsable” que o proxecto leva no seu ADN dende o primeiro día.

Focalizaron as cousas que destacan da súa experiencia os sendeiristas e que comparten cando chegan aos seus establecimentos: paisaxe, as súas xentes e a gastronomía. "Isto non é un camiño só para a xente de fóra, senón tamén para os de casa que percorren toda a costa e interrelaciónanse cos pobos", valoraron.

En todo caso, todos coinciden, como os representantes políticos que falaron na primeira xornada, en que a homologación é básica para o mantemento, sinalización e a mellora da experiencia do senderista.

Patrimonio

A do martes foi unha sesión de “paisaxe e paisanaxe”, moderado polo Traski, con Andrea Serodio, responsable do Museo Man de Camelle, o catedrático Juan Ramón Vidal Romaní, o especialista en historias mariñeiras Fernando Patricio, e o polifacético Suso Lista. Dáus horas ben interesantes para aprender como é a nosa comarca.

6 trasn@-empresari@s explican o concepto de Turismo Responsable do Camiño dos Faros