Xoves. 25.04.2024
El tiempo

6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita

Corporacion Ponteceso
6 dos 8 concelleiros do grupo socialista de Ponteceso (7 máis o alcalde), asinan unha carta na que piden a dimisión de Lois Carballido
6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita

Continúa medrando a crise no PSOE pontecesán. O último pleno daba conta da rotura absoluta do alcalde, Lois Carballido, co seu grupo de goberno, pois só unha dos 7 edís que comparten o grupo socialista votou a favor dunha das súas mocións (o propio alcalde retirou a segunda da orde do día ao ver que non ía saír adiante). Sorprende ver como un grupo que vén de sacar unha maioría absoluta hai apenas 16 meses, se desmorona deste xeito.

Ata o punto de que, mentres o PP deixa caer a sombra da moción de censura, os 6 dos 7 concelleiros do grupo de goberno socialista saen de novo cunha carta dirixida ao seu alcalde. Aseguran non saber nada desa posible moción, pero i piden a súa dimisión.

Comezan a carta aberta avisando a Carballido de que “o Alcalde dende o seu posto e como responsable municipal, non debe eludir o seu compromiso co proxecto político q uedixo ter no seu día para o noso pobo, e debe explicar aos veciños e veciñas a realidade das súas xestións e á que ll chama paixón! Porque se o proxecto é arruinar Ponteceso e a paixón é a falta de información e as decisións unilaterais, nós nunca seremos cómplices diso”, aseguran.

Pedímoslle que non lle minta aos veciños e veciñas que confiaron en vostede, ao igual que o fixemos nós no seu día, crendo que vostede gobernaría con humildade, transparencia e boa fe, pero encargouse de que perdesemos a confianza ao darnos conta de que o que menos lle importa é o benestar dos veciños... as vitorias son súas pero cando hai problema a culpa é dos demáis... Iso non é equipo nin é xogo limpo así, que porfavor dimita e déixenos traballar coa ilusión e a verdadeira paixón que Ponteceso merece”, sentenzan.

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios