Xoves. 28.03.2024
El tiempo

6 Concellos da Costa levan os seus tesouros á Feira Ibérica de Turismo

6 Concellos da Costa levan os seus tesouros á Feira Ibérica de Turismo
Laxe sacou por primeira vez a súa campaña Con X de Peixe estando presente na Feira Ibérica de Turismo de Portugal Laxe sacou por primeira vez a súa campaña Con X de Peixe estando presente na Feira Ibérica de Turismo de Portugal. Na imaxe a técnica de turismo María Mato, xunto co concelleiro de Turismo Pose Lema e o alcalde Mouzo Castiñeira O Pan de ovo de Carballo, a ornitoloxía de Muxía, a bica, o Asalto ao Castelo e o Patrimonio Vivo de Vimianzo, o Peixe con Xe de Laxe, os Oleiros de Buño, e as redeiras de Corme. Completa está sendo a presencia costeira esta ponte na V edición da Feira Ibérica de Turismo (FIT) que se celebra cidade portuguesa da Guarda. Co paraugas do posto da Deputación da Coruña, os concellos costeiros amosaron os seus tesouros gastronómicos ou patrimoniais. Triunfou o pan carballés, como non, e tamén a bica de Vimianzo ou a empanada de xouba que levou Laxe. Pero tamén tiveron gran acollida a presentación do patrimonio vivo vimiancés, ou dos traballos de artesanía das redeiras de Corme, así como o turismo ornitolóxico muxián. Vimianzo na Feira de Portugal Manolo Rial levou o Patrimonio vivo de Vimianzo á Feira de Portugal

Fonte

  • Deputación.

Comentarios