Venres. 29.03.2024
El tiempo

6 datas festivaleiras para este verán na Costa da Morte

6 datas festivaleiras para este verán na Costa da Morte
  Festivales Costa da morte -Galicia2016 Ademais das súa gastronomía, da súa paisaxe,... a Costa da Morte agocha - sobre todo no verán - unha gran programación festivaleira apta para todos os públicos. Imos dende Muros a Malpica, do folk ao indie máis moderno. Imos de festivais pola Axenda Sonora da Costa da Morte. Aquñi os presentamos, e tendes todos actualizados en www.axendacostadamorte.com.  

Sereas e Piratas en Razo

Festival Sereas e Piratas -Razo-Carballo 2016 O 23 de xullo de xullo será a data dunha das citas máis modernas da nosa Axenda Sonora. No paradisíaco lugar de Razo, música e surf fúndense nunha soa data para celebrar unha auténtica festa surfeira. O Festival Sereas e Piratas chega cunha marea de bandas na cresta da onda, un Mercado e un campionato de Surf de primeiro nivel.  

Nordestazo en Malpica

nordestazo rock malpica 2016 Heredeiros da Crus, Marky Ramone, Os Diplomáticos de Monte Alto, Bastards, Agoraphobia, True Mountains & The Phantom Dragsters, e unha banda emerxente, serán os principais protagonistas do Nordestazo que se celebra o 30 de xullo no porto de Malpica. Paralelamente a este festival rock está programada unha intensa xornada de música, actividades alternativas de todo tipo, desde a customización de camisetas á degustación en foodtrucks, pasando por clases de surf ou acampada gratuita para os asistentes.  

XXXIII Carballeira de Zas

cita bandas nacionais e internacionais como Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. O festival folk por excelencia da Costa da Morte. A principal novidade da 33 edición da Festa da Carballeira de Zas é que se celebrará dous días. Mago de Oz será a cabeza do cartel do venres, 5 de agosto, no que tamén estarán O Ghusto do Boi, a Banda Crebinsky e Ruxe Ruxe. Xa o sábado, 6 de agosto, a programación comezará a partir das dúas da tarde. A degustación de mexilóns e unha gran foliada, ademais de xogos para nenos, daranlle paso á unha noite folk. Pelepau, Luar na Lubre, Steve'n' Seagulls, Skerryvore e Andrés Penabad encherán de maxia a carballeira de Velar. O bono para os dous días é de 10 euros para as primeiras 500 entradas que se poden mercar a través da páxina da organización que ofrece zona de acampada gratuita.  

X Festival V de Valarés 

festival v de valares 2016 A música e a natureza tamén se dan da man no festival V de Valáres. Un dos areiais por excelencia de Ponteceso acolle do 12 ao 14 de agosto un festival de música independente. Bandas nacionais e internacionais do nivel de Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound (e outras sorpresas) forman o cartel. O bono para os tres días con acampada é 40€ máis os gastos de xesión. E a entrada para un só día é de 25€. O aforo é limitado.  

XII Festival Castelo Rock en Muros

/os-diplomaticos-saldaran-unha-debeda-historica-con-malpica-no-nordestazo-2016/ Ese ano o Castelo Rock de Muros (12 e 13 de agosto) estrea ubicación. O parque empresarial da vila acollera este festival onde se ofrece unha zona de acampada máis grande que a de edicións anteriores e máis próxima á zona de concertos. Molotov, Mojinos Escozíos, The Locos, Dubioza Kolektiv, Muchachito, Terbutalina, Dakidaría, Ánima, Desterrados e Festicultores Troupe serán as bandas que encabezan o cartel. As actuacións de todos eles terán lugar na nova ubicación do festival, situada no parque empresarial de Muros onde haberá unha zona de acampada libre con maior capacidade e máis próxima á zona dos concertos. O precio do bono para os dous días é de 27,5€, máis gastos de xestión, e pódeseme mercar en www.castelorock.com, Discos Portobello (A Coruña), A Reixa (Santiago de Compostela), Tienda Tipo (Vigo), Jamonería Varadoiro (Muros) e nas oficinas de correos de toda España. O custe da entrada para un día só é de 22,5€ xunto cos gastos de xestión.  

XVI Festival Folk na Fin do Camiño

Festa Folk na Fin do Camino 2016 Despois dun ano sen festa na Anchoa, volve con máis forza que nunca Festa Folk na Fin do Camiňo na súa XVI edición. Aquí vemos o cartel inicial, obra da artista fisterrá Mabel Díaz. Aínda non coñecemos as bandas que van participar, pero de seguro serán referencias importantes da música celta galega. O que si sabemos tamén é que participarán os gañadores do I Certame de Folk Emerxente, apostando tamén polas novas bandas. A cita, o sábado 20 de agosto na Anchoa, Fisterra,onde sempre.  

Novas relacionadas

Fonte

   

Comentarios