Martes. 16.04.2024
El tiempo

600 palilleiras encheron de artesanía o pavillón de Camariñas

Festa Palilleira 7
600 palilleiras encheron de artesanía o pavillón de Camariñas

A VIII Festa Palilleira de Camariñas reuniu hoxe, sábado 7 de setembro, a máis de 600 amantes do palillo que durante toda a xornada puideron gozar desa tradición centenaria. 

A Coruña, Gijón, Padrón, Burela, Salvaterra do Miño, Vilanova de Arousa, Lugo, Valdoviño, Viveiro, Barbanza, Neda, Ames, Arteixo, O Grove, Valga, Corme, Oleiros, Oza- Cesures, Tállara, Betanzos, a Ribeira Sacra, Sarria, Cambados, Vimianzo, Coles, Fene, Esmelle, Xove e Barbanza foron as localidades representadas nesta celebración, ademais das palilleiras locais, vidas desde Camariñas, Ponte do Porto, Xaviña e Arou. 

No pavillón municipal tamén houbo representación estatal nos postos de venda, a destacar a presenza dos comerciantes chegados desde Tarragona, Madrid ou Cuenca. Tamén Galicia tivo oco cos postos de Camariñas, Santiago, Cambados ou Ourense. 

O Club Balonmán Camariñas impulsou un mercado de Nadal, que se celebrou por primeira vez e que tivo fins solidarios. Está previsto que por esta Festa Palilleira pasen máis de 400 visitantes, que sumando ás máis de 600 palilleiras, artesáns e traballadoras e traballadores, superarán o milleiro de asistencia ao longo de toda a xornada. 

O discurso inaugural foi pronunciado pola alcaldesa, Sandra Insua, acompañada pola concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro, e polas presidentas das asociacións de palillo Puntillas e Bilros, Adoración García e Pilar Gándara. Estas amosáronse “tremendamente agradecidas por presenciar unha festa como esta, na que se unen cultura e tradición, co encaixe como símbolo de identidade, e que todas vós facedes que siga vivo”, comentaba Insua. Por outra banda, Encarna Liñeiro quixo destacar que “imos camiño da triséximo edición da Mostra do Encaixe, que este ano estará moi vencellada á idea de elegancia, como elemento distintivo que lle dá a calqueira peza”, sinalaba Liñeiro.

Festa Palilleira 4

Comentarios