Imprimir

70.000€ para unha pista de pádel en Muros: Isto é desenvolvemento rural?

que pasa na costa | 24 de outubro de 2012

Pista cuberta de padel - Foto SportPadel

Que os gastos europeos para desenvolvemento rural ás veces se gastan en cousas estranas xa é coñecido. Pero o que acaba de descubrir Adega sobre as últimas axudas aportadas por AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) é de traca. Dos 4,5 millóns destinados, polo menos en teoría, a "servizos básicos para a economía e a poboación rural", atopamos que 423.104 son gastados na construción de pistas de padel.

Entre eses 400 mil euros atopamos que hai un investimento na zona como os 70.970€ aprobados para a construción dunha pista de pádel cuberta no Concello de Muros. Ademais, hai outros 28.743€ pra o Concello de Santa Comba.

Adega asegura que estas axudas destilan "escurantismo e clientelismo". A resolución publicouse catro días antes das eleccións galegas. O caso: É isto desenvolvemento rural?

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/70-000e-para-unha-pista-de-padel-en-muros-isto-e-desenvolvemento-rural/20121024073025071472.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia