Venres. 29.03.2024
El tiempo

8 das 12 confrarías da Costa da Morte repiten patrón maior

8 das 12 confrarías da Costa da Morte repiten patrón maior
O percebeiro de COrme Roberto Vidal Souto e un dos novos patrons maiores da Costa da Morte O percebeiro de Corme Roberto Vidal Souto e un dos novos patrons maiores da Costa da Morte

Despois do longo proceso de eleccións, a Xunta publicaba hoxe as listas definitivas dos patróns maiores das 63 confrarías de pescadores do litoral galego. Unhas eleccións do máis democráticas posibles, que tratan de modernizar esa histórica visión arcaica das entidades, que a día de hoxe xa contan con moitos patróns e patroas cunha visión moito máis reivindicativa e menos plegada ao poder.

Bueno, máis ben patróns, porque apenas 6 das 63 confrarías do litoral galego contan cunha muller como patroa maior. O que dá boa conta da necesidade de seguir poñendo en valor o traballo da muller no sector do mar, visibilizando e dando responsabilidade nos órganos de xestión e dirección. Na Costa da Morte xa non contamos cunha soa patroa…

Patróns maiores das Confrarías da Costa da Morte

A pesar de todo nalgunhas confrarías, como na de Fisterra, non foi necesario votar porque curiosamente só se presentaron o número exacto de prazas a escoller a xunta directiva, provocando así que a lista fose xa pechada.

Noutras confrarías, como na de Corcubión, tocou relevo pola xubilación do anterior patrón, que deixa paso ao fisterrán de Sardiñeiro Urbano Suárez Canosa.

Outro cambio chega Pindo, da man do novo mariscador Fernando Siaba, un bo activo para o sector.

E parece que en Corme tamén hai un bo relevo xeracional, e un mariscador de tan só 33 anos, que ten sido xa protagonista de documentais internacionais como Roberto Vidal Pombo, ponse á fronte do pósito.

En Camariñas si que houbo pelexa e José Ramón Lema gañoulle a partida a ex patroa, Dolores Bermúdez, que non fixo valer todas as súas accións durante estes pasados anos.

ConfraríaPatrón (*Repiten como Patrón/oa Maior)
CORCUBIÓNUrbano Suárez Canosa
FISTERRAJosé Manuel Martínez Escarís*
LIRA José Mariano Lago Louro*
MUROSManuel Daniel Formoso Moledo*
LAXEManuel Villar Vidal*
CAIÓN José Hector Morgade Carracedo*
MALPICAPedro Pérez Martelo*
CAMARIÑASJosé Ramón Lema Romero
CAMELLEJuan José Bermúdez Tajes*
MUXÍA Daniel Castro Fernández*
O PINDOFernando Siaba Espasandín
CORMERoberto Vidal Pombo
 

Desenvolvemento do proceso

Todos os pasos do desenvolvemento do proceso electoral veñen explicados na normativa de convocatoria de eleccións e que regula todo o proceso electoral nas confrarías de pescadores. Tal e como establece esta normativa, os comicios desenvólvense en tres partes. En primeiro lugar realizáronse as eleccións nas confrarías de pescadores de Galicia. Nesta parte, unha vez proclamados de xeito definitivo os vogais da xunta xeral de cada confraría, tomaron posesión dos seus cargos na súa sesión constitutiva. Neste primeiro pleno da sesión constitutiva da xunta xeral, realizouse o procedemento para elixir ao patrón/oa maior, vicepatróns/oas maiores e vogais do cabido. Hoxe foron proclamados definitivamente os 63 patróns/oas maiores das confrarías e este venres, 26 de outubro tomarán posesión. O seguinte paso é a celebración das votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/candieira-ou-o-punto-de-union-entre-as-mulleres-do-mar/ https://quepasanacosta.gal/a-xunta-esquece-a-pesca-artesanal-en-bruxelas/ https://quepasanacosta.gal/4-visions-costeiras-da-visita-da-pesca-artesanal-galega-ao-parlamento-europeo/ https://quepasanacosta.gal/un-dia-podeche-cambiar-a-vida-redbull-para-cos-percebeiros-de-corme/

Comentarios