Imprimir

#8M: Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade

que pasa na costa | 07 de marzo de 2020

Cadea humana en Carnota polo 8M-Foto-Antonio Nodar
Cadea humana en Carnota polo 8M-Foto-Antonio Nodar

Arrincaron os actos arredor deste Día Internacional da Muller artelladas polo colectivo Galegas 8M Costa da Morte-Bergantiños. E a primeira acción tivo lugar esta mañá en Carnota, cunha simbólica cadea humana de mulleres.

Mulleres chegadas das asociacións feministas da Costa da Morte, unidas polo 8M (Sonlilá de Carnota, Buserana de Cee, As Curandeiras de Vimianzo e Círculo Feminista de Carballo, ademais de Secretaría das Mulleres da CIG) e moitas outras mulleres a título persoal, chegadas de Muros, Santiago ou Coruña.

"Sen coidados non hai vida" segue a ser o lema destas mobilizacións, pero esta cita tamén serve para defender o rural, os servizos públicos, nun ambiente festivo e cheo de sororidade.

As mulleres xuntáronse na Praza da Pedra, e baixaron xuntas á praia para seguir “Mudando o Sistema, derrubando o Patriarcado”.

Cadea humana en Carnota polo 8M-Foto-Antonio Nodar 2
Mulleres en Carnota polo 8M. Foto: Antonio Nodar

Gran repercusión

A escea tivo gran repercusión mediática en televisións a nivel estatal, como LaSexta ou Cuatro.

 

Domingo, en Cee e Carballo

Este domingo, o mesmo día 8 de marzo, o colectivo organiza ás 12:00 do mediodía unha manifestación unitaria da Costa da Morte-Bergantiños en Cee.
E pola tarde, ás 19:00 h, pecha o programa outra manifestación en Carballo, que sairá dos xulgados.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/8m-cadea-humana-mulleres-encher-praia-carnota-sororidade/20200307212221118200.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia