Venres. 29.03.2024
El tiempo

9 concellos pechan ao fume as súas praias

20200810 entrega diploma ouro praias sen fume Laxe
O director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares Rodríguez, co alcalde Concello de Laxe, José Luis Pérez Añón
9 concellos pechan ao fume as súas praias

O Concello de Laxe vén de recibir o diploma de ouro da Rede Galega de Praias sen Fume, por ter declarados sen fume de tabaco todos os seus areais. Como Laxe hai outros Concellos comprometidos con esta inciativa, como son Ponteceso, Dumbría ou Corcubión, que teñen prohibición de fumar en todos os seus areais.

Son en total 9 os concellos da comarca adheridos a esta iniciativa que naceu en 2012 cun fin educativo e de sensibilización social, recalcando a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son.

Completan a lista de concellos que teñen implantada esta medida nalgún dos seus areais Muxía (praia da Cruz e Area Maior), Cabana (praia Rebordelo), Camariñas (Arou, Lingunde, Ariño e O Lago), Muros (O Castelo e A Rocha) e Carnota (Mar de Lira, Boca do Río e San Pedro).

O obxectivo da Consellería de Sanidade é conseguir que, nos vindeiros anos, todas as praias galegas formen parte da rede, pero a día de hoxe Galicia xa é pioneira a nivel nacional con esta iniciativa e varias comunidades autónomas que xa foi imitada por outras comunidades autónomas. Na actualidade está constituída por un total de 162 praias (30 delas son fluviais) pertencentes a 66 concellos, polo que a poboación destes lugares poderá elixir desfrutar do seu tempo de ocio lonxe do fume do tabaco.

Novas relacionadas

Comentarios