Martes. 23.04.2024
El tiempo

9 equipos da Costa comezan a Copa Deputación

9 equipos da Costa comezan a Copa Deputación
Xallas, Sofán, Dumbría, Baio, San Lorenzo, Fisterra, Soneira e Dumbría (os equipos costeiros que a pasada tempada xogaron nas categorías de Preferente e 1ª Galicia), ademais dos Bergantiños e Os Miúdos (os equipos femininos da comarca) arrincan este vindeiro domingo 29 de xullo a andaina na XXX Copa Deputación da Coruña.

Copa Masculina

Copa Diputacion Aficionado A Coruña 18-19 copia A 1ª eliminatoria deixará alomenos 3 equipos fóra da deputación, pois enfróntaranse Baio e Xallas; San Lorenzo e Sofán (fermoso derbi); e Fisterra e Soneira. Ademais ao Dumbría tocará visitar ao Sigüeiro.

Copa Feminina

O Bergantiños visitará ao Brexo Lema, para poder pasar a Oitavos onde se enfrontaría a todo un Deportivo. O cadro dos Miúdos terá que vencer a todo un Villestro para pasar a primeira eliminatoria.

Premios económicos

Esta Copa volve ser obrigatoria pola boa colleita económica que repercute nos clubs. Ademais de que a recadación obtida con motivo da celebración do encontro repartirase a partes iguais entre ambos os contendentes, hai un fixo por participar (800€ para os equipos de Pref. e 500 para os de 1ª). Os equipos que pasen a 1ª Eliminatoria recibirán 800€, quedando 400€ para oe equipo perdedores. Os equipos que pasen os Dezaseisavos recibirán 1.200€, quedando 600€ para oe equipos perdedores. Os equipos que pasen os Oitavos recibirán 1.500€, quedando 900€ para os equipos perdedores. Os equipos que pasen os Cuartos recibirán 2.000€, quedando 1.500€ para os equipos perdedores. Os equipos que pasen as Semifinais recibirán 2.400€, quedando 1.900€ para os equipos perdedores. O equipo campión recibirá 8.000€ e o segundo 4.00€. Serán un total de 150.000€ os que destina o ente provincial a esta competición.

Datos de interese da Copa

Son eliminatorias a un só partido, que se disputan no campo do equipo de menor categoría (e en caso de ser da mesma, do club citado en primeiro lugar). Non hai prórrogas (vaise directamente aos penaltis). A entrada aos campos é de 5€, con entrada de balde para os nenos. Os pagos de arbitraxes serán abonados pola Deputación.

Comentarios