Martes. 23.04.2024
El tiempo

9 fotos que definen a paisaxe e os oficios da Costa da Morte

9 fotos que definen a paisaxe e os oficios da Costa da Morte

Xa temos gañadores da I Edición do Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”, organizada polo GDR Bergantiños co obxecto de poñer en valor o territorio e os oficios da Comarca Bergantiñá. Foron 9 fotos as escollidas nas diferentes categorías, e houbo ata quen repetiu en 3 premios.

O medio centenar de persoas asistentes ao evento poideron coñecer as 192 obras presentadas ao concurso, a través da exhibición dun vídeo que foi proxectado durante a entrega de premios, así como analizar as obras premiadas mostradas en impresión fotográfica sobre cartón pluma.

>No mes de xaneiro terá lugar a Primeira Exposición de fotos “Comarca Natural de Bergantiños” no Centro Comarcal de Bergantiños, en Buño. Non se descarta que a exposición teña presenza noutros espazos culturais da bisbarra ao longo do ano 2012.

O Xurado

A selección das fotos premiadas foi levaba a cabo por profesionais do ámbito cultural de recoñecido prestixio tales como: Xoan Villarmea, fotógrafo profesional e Premio “Mellor fotógrafo profesional de España 2011”; Xesús Búa e Pablo Verdes ámbolos dous fotógrafos profesionais e nominados a “Mellor fotógrafo nacional na modalidade de retrato”; Marcos Rodríguez, fotógrafo profesional; e Luz Díaz, profesora de pintura. Tamén formou parte do xurado Xosé Mª Varela; Presidente da Asociación Cultural Monte Branco e membro da Xunta Directiva do GDR Bergantiños.

As 9 obras premiadas

Categoría Paisaxística

  • 1º Premio: Gratificación económica de 400€ e diploma acreditativo. Título: “ Castro A Cidá". Autor: Eduardo Verdes Pereira (A Laracha)
  • 2º Premio: Gratificación económica de 200€ e diploma acreditativo. Título: “Paisaxe de Porto”. Autor: José Luís González Gestoso (Vedra)
  • 3º Premio: Gratificación económica de 100€ e diploma acreditativo. Título: “Atardecer en Rebordelo”- Autor: José Eduardo Touriñán Pena (Baio)
  • 1º Accésit: Diploma acreditativo. Título: “Roncudo”. Autor: Eduardo Verdes Pereira (A Laracha)
  • 2º Accésit: Diploma acreditativo. Título: “Botes”. Autora: Raquel Teijeiro Palleiro (Malpica de Bergantiños).

Categoría Actividades e Oficios

  • 1º Premio: Gratificación económica de 400€ e diploma acreditativo. Título: “Os percebeiros e o mar”. Autor: Hugo Nidáguila Remis (Ferrol)
  • 2º Premio: Gratificación económica de 200€ e diploma acreditativo. Título: “Torno”. Autora: Begoña Corbal Espejo (A Coruña)
  • 3º Premio: Gratificación económica de 100€ e diploma acreditativo. Título: “Mariscando en Baldaio”. Autor: Eduardo Verdes Pereira (A Laracha)
  • Accésit: Diploma acreditatvo. Título: “Traballa-lo barro”. Autor: Pablo Fernández Garrido (Malpica de Bergantiños)

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios