Imprimir

Un ferido de consideración nun accidente laboral en Coristanco

que pasa na costa | 05 de xuño de 2019

Lugar de Montecelo, Coristanco
Lugar de Montecelo, Coristanco

Esta pasada tarde de martes, arredor das 13:00h un operario resultou ferido de consideración ao caerlle enriba un portal cando traballaba no lugar de Montecelo, Coristanco. Ao lugar chegou un equipo do 061-Urxencias Sanitarias a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación do ferido ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O home, pese ás diversas fracturas que presentaba, estivo consciente en todo momento.

Participaron na evacuación axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que tamén prestaron axuda nas labores de aterraxe da aeronave.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/coristanco/Un+ferido+de+consideraci%C3%B3n+nun+accidente+laboral+en+Coristanco/20190605110335110312.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA