Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres

A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres
paula-carballeira-galeria-mulleres-muxia

Hai unhas semanas Paula Carballeira, Xan Solo e Fernández Lera convertiron o mercado de Muxía nun teatro. Foi nas actuacións de danza no marco Encontro Artes Escénicas, que organiza o Foro Costa da Morte. E deixou mella Paula, como o leva facendo ao longo do país loitando en nome da muller.

Así, o Concello de Muxía, dende o Departamentos de Servizos Sociais e a Biblioteca da Muller quere galardoar, e adicar este mes de agosto da Galería Mulleres a esta actriz e escritora nacida en Fene en 1972.

Así descrebe a propia Paula o seu traballo : “Pertenzo á compañía de teatro Berrobambán, vou contando contos polo mundo, e nunca mellor dito, pois grazas á antiga arte de contar historias teño participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e levo publicado uns cantos libros. Tendo en conta que xa plantei algunha que outra árbore, fáltame ter un fillo. Mentres, seguirei viaxando”.

Máis información

Comentarios