Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público

A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público
Asemblea da ANPA do Agra Raices pide union na comunidade educativa

A directiva da ANPA do IES Agra de Raíces, celebraba este luns unha Asemblea con varios temas interesantes.

A entidada lamentou a perda neste curso escolar 2012-2013 da Escola de formación de Pais do Centro e Neria pola falta de recursos. Unha Escola que era moi activa nos trimestres no Centro e que servía para que os pais aprenderan como tratar os problemas dos seus fillos.

Ademais, os pais, no bacharelato, senten un distanciamento coa dirección do Centro e solicitan orientación nas saí­das educativas para deixar de estar desinformados.

Igualmente amosaron a súa preocupación polo estado dos alumnos afectados polo brote de tuberculose no bacharelato e os posibles contaxios ao resto da comunidade escolar.

Así, entenden que "é o momento de estar unidos tanto a dirección, o profesorado, o alumnado e os pais nuns dos peores momentos da democracia educativa, cos recortes e perdas de beneficios que se están a levar a cabo dende a Consellerí­a de Educación e o mesmo Ministerio de Educación coa lei de Wert. Os pais pensamos que é o momento da participación da comunidade educativa, coa contribución solidaria creando o famoso Banco de Libros, como propuña a FEDANPA, aí­nda que se sabe que é unha tarefa difí­cil, proponse tentar de comezar pouco a pouco e curso a curso".

Novas relacionadas

Fonte

  • Anpa Agra Raíces.

Comentarios