Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A APLU realizou 33 derrubamentos na Costa da Morte dende 2011

A APLU realizou 33 derrubamentos na Costa da Morte dende 2011
Derrubos da APLU na Costa da Morte Algúns dos derrubos da APLU na Costa da Morte dende 2011

Vivíamos onte a última sentenza que pode botar abaixo unha nova casa en Fisterra. Dende 2008, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordeou o derribo de ata 36 edificacións nos concellos da nosa zona, unha cifra que en todo caso seguro que non lle parece suficiente a moita xente.

É o Concello de Carballo o máis afectado con 10 intervencións, e o ano 2014 o máis activo, con 16 derrubos.

Ano a ano

Unha casa costeira (en Carballo), demolida en 2008. Unha casa (en Camariñas), botada abaixo en 2009. Tras un 2010 sen derrubos pola volta, o 2011 foi o primeiro ano no que a APLU comezaba a traballar en serio na Costa da Morte.

En 2011, a APLU derrubaba 3 casas en Malpica, unha nave en Coristanco, outra en Santa Comba e outra en Dumbría, e mais unha casa en Fisterra. Xa foron 7 intervencións serias nese ano.

O 2012 non demasiado activo, e apenas houbo na zona un derrubo dun galpón en Muros, e outro dunha nave en Corcubión.

Para o 2013, sendas edificacións en Ponteceso, Malpica e Carballo sufrían as iras da Legalidade urbanística.

O 2014 foi o ano con máis intervencións na Costa da Morte. Foron abaixo un par de casas costeiras e unha vivenda prefabricada en Carballo, unha en Camariñas e outra en Malpica, 3 casiñas de interior en Ponteceso, as 4 casas de Mar de Fóra de Fisterra, un completo proxecto de "endosados" en Muros, un galpón en Cabana, unha carpa no Ézaro, unha zona de canteira nos Penedos de Traba e Pasarela…

Neste 2015 a APLU tamén tivo choio pola zona. Unhas casas prefabricadas en Carnota, Ponteceso e Carballo, onde ademais derrubaron unha construción anexa a unha casa familiar, e dous eficidios pegados; un edificio en Muros e un porche e unha pista de tenis en Ponteceso.

Exemplos

Demolicion Fisterra 2014 Demolición en Fisterra das 4 edificacións en 2014 Demolicion en Muros 2014 Demolicion en Muros 2014 Demolicion da APLU en Malpica en 2014 Demolicion da APLU en Malpica en 2014 Demolicion da APLU en Dumbria 2011 Demolicion da APLU en Dumbria 2011 Demolicion da APLU Camarinas 2014 Demolicion da APLU Camariñas 2014

Novas sobre derribos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios