Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A asociación cultural Adro de Baio estrea directiva con Olga Mouro de presidenta

A asociación cultural Adro de Baio estrea directiva con Olga Mouro de presidenta
A nova directiva de Adro conta co apoio dun bo número de colaboradores A nova directiva de Adro conta co apoio dun bo número de colaboradores A Asociación Cultural Adro de Baio, unha das máis antigas da Costa da Morte, acaba de elixir nova xunta directiva. Olga Mouro Ares encabeza a lista formada por dez persoas moi vinculadas ás actividades culturais desenvolvidas pola asociación. Belén Rojo Fondo actúa como vicepresidenta mentras que Mª Teresa Lema Rama e Rebeca Facal Fuentes serán secretaria e vicesecretaria, respectivamente. Juan Mira Reymundez encargase da tesourería co apoio de Adrián López Agra como vicetesoureiro. E os vocais son Martina Rodríguez Canay, Alba Díaz Cancela, Sabrina López Romero e Miguel Santos Rey. Estes dous últimos son antigos presidentes de Adro. Ademais os novos membros de Adro contan co apoio dun bo número de colaboradores para a organización das distintas actividades que se levan a cabo dende a asociación. A nova directiva púxose en marcha cunha reunión que tivo lugar  o luns no auditorio de Baio e na que participaron os anteriores directivos da entidade. Cursos de baile e música tradicional A primeira das actividades que se levarán a cabo é a posta en marcha do cursos de baile tradicional, gaita, pandeireta e acordeón. Para iso, os interesados poderán informarse e facer a inscrición o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 12 horas no auditorio de Baio. A asociación cultural Adro fundouse en outubro de 1980 por un grupo de veciños de Baio. Ao longo de todos estes anos, Adro estivo encabezada por dez directivas diferentes.  Éstas desenvolveron unha gran cantidade de actividades que na actualidade e na maior parte das vilas están organizadas dende o concello; tales como a celebración do nadal, antroido, magostos, xiras en bici e moto, excursións,… Ademais de todas estas actividades, Adro encárgase de realizar a festa da Carballeira de Baio e de coordinar a súa escola de música e baile tradicional da que sairon grupos como Rueiro da Cancela que gravou tres discos e colaborou con recoñecidos cantantes como Amancio Prada, María Dolores Pradera, María del Mar Bonet, entre outros.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios