Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño

A Asociación Grandimirum propón unha ruta xalleira alternativa do Camiño
Asociacion Grandirium en Santiago Asociacion Grandirium en Santiago

Seguen os veciños da comarca facendo o Camiño para coñecer a súa riqueza. Desta volta, a Asociación Grandimirum de Brandomil, xunto con veciños de A Pereira (Santa Comba) e San Cosme de Antes (Mazaricos), arrincaban esta fin de semana o Camiño Santiago-Muxía, e fixeron a primeira etapa con paso por ambas vilas xalleiras. Estas asociacións están traballando dende fai uns meses no recoñecemento desta ruta alternativa, da cal hai diferentes indicios históricos.

Nesta primeira etapa de 25km de lonxitude, fóronse marcando puntos de paso, para indicar aos peregrinos que se queiran unir a realización desta nova ruta, que está documentada dende o século XV en diferentes documentos cartográficos e rutas de viaxes de nobles europeos. A saída fíxose dende a praza do Obradoiro, facendo a ruta recoñecida ata Ponte Maceira, e partir de aquí desviouse por Portor, Fontemirón, Troitomil finalizando en Vilar da Torre (no concello da Baña).

Esta primeira ruta causou unha alta expectación nos pobos de paso, debido por un lado a anormal amplitude do grupo que percorreu o camiño e por outro o descoñecemento desta ruta do Camiño Santiago Muxía.

2ª etapa

A segunda etapa do camiño farase o día 3 de setembro, tendo a saída de Vilar da Torre (concello de A Baña) e con finalización en Brandomil. Esta etapa contará cunha lonxitude de case 25km, e será a segunda de tres. A terceira farase o sábado día 10 de setembro, saíndo da parroquia zasense e chegando a Muxía. O Concello de Zas colabora coa asociación Grandimirum neste proxecto de recuperación histórica.

Fonte

  • Asociación Grandimirum.

Comentarios