A biblioteca Rego da Balsa acolle dúas novas presentacións
08:05 29/03/16
A primavera chega con novas citas na biblioteca Rego da Balsa de Carballo poucos días despois de inaugurar o seu exitoso "curruncho pop". A primeria delas será este xoves, 31 de marzo, día no que Arantza Portabales presentará “A Celeste la compré en un rastrillo”; uns microrrelatos cargados de contradicións que da vida cotiá, de sorpresas, da faísca de vida que provocan as relacións humanas. Este encontro servirá tamén para coñecer outra obra desta autora, “Sobrevivindo”, Premio de novela por entregas “La Voz de Galicia” 2015. A cita será ás 19 horas no auditorio da biblioteca.
E xa en abril, concretamente este venres día 1 ás 19:00 horas, Álvaro Antelo presentará a sua opera prima “Entremeses”, un poemario que dirixe ao lector ao descubrimento do descoñecido, do prohibido, o imaxinario e o erótico.
Novas relacionadas
- A biblioteca Rego da Balsa xa ten o seu “curruncho pop”
- Chicharrón estrea mañá en Carballo o seu segundo disco “Postal”
- Catro artistas da Costa da Morte expoñen as súas obras en Carballo
- Vinte venres para cargar a batería cultural
- Manolo Rivas, contacontos, faladoiros e documentais enchen de actividade a biblioteca Rego da Balsa
- A biblioteca Rego da Balsa celebra o seu primeiro aniversario
- #ABiblioPréstame.
- O edificio dos 100 actos.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- Biblioteca Rego da Balsa