Martes. 23.04.2024
El tiempo

A biblioteca Rego da Balsa ocupa o segundo posto galego en préstamos

A biblioteca Rego da Balsa ocupa o segundo posto galego en préstamos
biblioteca-rego-balsa A biblioteca Rego da Balsa fixo durante o 2016 un total de 16.757 préstamos Os 1.789 usuarios/as activos/as e os 16.757 préstamos rexistrados ao longo do 2016 converten á Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo na segunda das 165 que integran a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia tanto en número de préstamos como de usuarios/as activos. A primeira é a de Narón, con 2.212 prestatarios/as e 22.687 documentos cedidos. Todo segundo  os datos foron facilitados recentemente pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta. As cifras son un reflexo da intensa actividade que se rexistra ao longo de todo o ano na biblioteca carballesa na que ademais de libros, cómics, discos, videoxogos, xornais, revistas, películas... desenvólvense numerosas actividades de promoción cultural. No ano 2016 foron 129, de todo tipo e para todo tipo de públicos, desde os contacontos infantís que enchen o aforo en todas as sesións ata os concertos de pequeno formato do Curruncho Pop, pasando por obradoiros, exposicións, presentacións literarias ou concursos. Por outra banda, a biblioteca municipal do Museo rematou o 2016 con 492 usuarios/as activos/as e 3.765 préstamos realizados. Nesta están a maior parte dos fondos bibliográficos, cun total de 32.588 exemplares fronte aos 15.422 que hai na Rego da Balsa, na que o concello de Carballo aposta polas novas tecnoloxías como medio para conectar ao público coa cultura. Precisamente, a finais de xullo a Xunta de Goberno Local aprobou a adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a integración das dúas bibliotecas no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Deste xeito, o concello de Carballo disporá dun programa de xestión que é único para toda a rede, facilitarase o acceso da cidadanía aos servizos de todas as bibliotecas públicas da rede, mellorará a visibilidade dos fondos e poderase consultar e reservar a través dunha páxina única, e ademais implantarase o carné único da Rede de Bibliotecas de Galicia. Novas relacionadas Fonte

Comentarios