Venres. 19.04.2024
El tiempo

A biblioteca Rego da Balsa seleccionada para o premio María Moliner polo seu proxecto de animación á lectura

A biblioteca Rego da Balsa seleccionada para o premio María Moliner polo seu proxecto de animación á lectura
biblioteca-rego-balsa A biblioteca carballesa presentouse ao premio do Ministerio de Educación co proxecto "Biblioteca Rego da Balsa: 100% comunidade" Éste é xa o segundo ano (consecutivo) que a biblioteca Rego da Balsa de Carballo foi selección dentro do concurso nacional de proxectos de animación á lectura "María Moliner, convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. O obxectivo deste concurso é distinguir ás bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes “que leven a cabo un proxecto único que inclúa as accións da animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecarios, a integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías”. Precisamente hoxe, día Internacional da Biblioteca, celébrase o terceiro aniversario da súa inauguración. A biblioteca carballesa presentouse ao concurso co proxecto “Biblioteca Rego da Balsa: 100% comunidade”, que recolle os principais elementos de traballo desenvolvidos ao longo destes tres anos de actividade. A biblioteca Rego da Balsa vén traballando na promoción dos hábitos de lectura e da inclusión de novos formatos de lectura a través de campañas como “Conéctat@ coa biblioteca”, no fomento da creatividade mediante a organización de talleres do máis variados tanto en contido como en público destinatario, na promoción da alfabetización informacional a través de charlas, proxeccións e outras dinámicas, na integración social a través de iniciativas dirixidas a sectores en risco de exclusión ou na creación de comunidade mediante campañas como a propia “Conéctat@ coa biblioteca” ou #PuntoB, que acadaron unha altísima participación. Novos retos A Biblioteca Rego da Balsa programa actividades para públicos de todas as idades, colabora con centros educativos e entidades locais, promociona aos artistas e intelectuais da contorna e desenvolve unha intensa comunicación coa sociedade por medio de diferentes canles, entre eles as redes sociais, nas que ten unha presenza moi destacada. Un dos próximos retos é a creación da “Biblioteca do futuro”, cunha forte e  decidida aposta polas novas tecnoloxías desde todos os puntos de vista e tanto interna como externamente; pero tamén a implicación do/a usuario/a na toma de decisións, porque “a biblioteca somos tod@s”. A Secretaría de Estado de Cultura, que felicita ao concello de Carballo polo traballo desenvolvido, comunicoulle hoxe ao concelleiro de Cultura - Marcos Trigo - que a biblioteca Rego da Balsa é unha das beneficiarias dunha subvención en metálico de 1.706,66 euros para a compra de libros. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios