Venres. 19.04.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CLXXXVIII): O Grupo de Facebook Fillos de San Marcos

A bitácora da semana (CLXXXVIII): O Grupo de Facebook Fillos de San Marcos
Pincha na imaxe para ir ao Grupo de Facebook Fillos de San Marcos

Hoxe, a razón dun lector de QPC con moito ollo, queremos ampliar as posibilidades da sección Bitácora da semana. I é que era necesario xa dar conta do gran traballo de recuperación patrimonio que están a facer polo Facebook un par de grupos.

Hoxe quedamos en Corcubión, para coñecer o Grupo "Fillos de San Marcos". Nestes momentos conta con máis de 400 membros no grupo, unha excelente proporción se a comparamos co censo de Corcubión, e a xente está participando dunha forma trementedamente animada, subindo moitas (moitísimas) fotos, facendo comentarios, traéndo a mente fermosos recordos do pasado do pobo…

Non parecía que cando Jano Lamas creara o Grupo fose a ter tanta repercusión, pero a día de hoxe serve de punto de encontro para a lembranza da nosa historia. Mesmo hai moita xente maior que se está dando de alta en FB unicamente para ver as fotos que se suben diariamente.

Xa saben que o único que teñen que facer para participar é solicitar a adhesión no Grupo e comezar a disfrutar da historia da vila corcubionesa así como achegar as imaxes que tendes na vosa casa.

Bitácoras anteriores

Fonte

Comentarios