Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Buserana lamenta os últimos tres asasinatos machistas

A Buserana lamenta os últimos tres asasinatos machistas
concentracion-contra-a-violencia-machista-en-vimianzo Concentración contra a violencia de xénero en VImianzo

Esta pasada fin de semana foi cruel, unha vez máis, en termos de violencia de xénero. E a Costa da Morte non é allea a esta situación. O Concello de Vimianzo sumouse á convocatoria da Fegamp e convocou unha concentración na Praza do Concello para rexeitar a violencia machista.

Ademais, a Organización Feminista Buserana quere emitir un breve comunicado:

Tres mulleres asasinadas en corenta e oito horas pola violencia machista ante a que Buserana non pode quedar indiferente. Unha vez máis erguemos a voz para berrar que o machismo mata, asasina e faino de xeito incesante, coa impunidade en moitos casos que dan os recurtes e o desleixo dos gobernos contra esta forma de terrorismo que non deixa de parecerlles "menor" porque as vítimas só son mulleres. Mulleres que poden ser a túa nai, túa irmá, esa amiga ca que tomas café todas as mañás, a túa compañeira de traballo....Todas somos cada unha delas. E todas debemos ser parte interesada en erradicar o machismo que nos deixa orfas, porque se non acabamos con el permitiremos que el acabe con nós. Érguete, berra e loita para que ningún machismo nos reste. Porque queremos vivir. Queremos seguir vivas. Todas!.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios