Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A estrada de Grixoa de Esternande e San Salvador, a gran esquecida polo Concello de Santa Comba

vecinos esixen a estrada de Grixoa en Santa Comba
Veciños da zona esixindo a estrada de Grixoa de Esternande e San Salvador
A estrada de Grixoa de Esternande e San Salvador, a gran esquecida polo Concello de Santa Comba

Os veciños de Grixoa de Esternande e San Salvador levan pedindo durante 20 anos o arranxo da súa estrada. Ademais do evidente mal estado no que se encontra, os veciños denuncian que a día de hoxe contan con unha corredoira e que están “fartos de esperar por unha estrada en condicións”.

Estrada Grixoa-San salvador

Unha das fochancas da estrada Grixoa - San Salvador.
Unha das fochancas da estrada Grixoa - San Salvador.

O pasado martes 17 de decembro estaba previsto que se levase a pleno o plan de obras POS + 2020, proposto polo alcalde de Santa Comba, David Barbeira (CxG). Dito plan tiña en conta varias das peticións dos veciños para a mellora da vía, mais este foi rexeitado ante os votos en contra do PSOE e a falta de dous dos edís do PP, a pesares dos seus votos a favor. Finalmente foi aprobado o plan de obras proposto polo Partido Socialista na segunda sesión plenaria sen ningún voto en contra.

A redor de medio centenar de veciños de ambas aldeas presenciaron dito pleno, ao que asistiron vestidos con chalecos reflectantes e con carteis nos que esixían o arranxo da súa estrada. Ante esta situación a Asociación de veciños de San Salvador e a de Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo decidiron levar a cabo unha manifestación o vindeiro 4 de xaneiro ás 11 da mañá diante da Casa do Concello.

Manifestación das asociación de veciños de San Salvador e de Grixoa no concello

Os veciños denuncian que se senten esquecidos. “Esperamos e confiamos que a nosa voz se escoite e así poder conseguir que se nos arranxe a estrada, pois levamos un cuarto de século esperando”, indica Xosé Abelenda dende a entidade Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo. Tamén, ambas asociacións piden a colaboración da veciñanza de Santa Comba e que se unan á súa causa para “así entre todos poder facer a vida digna no rural”.

Comentarios