Sábado. 20.04.2024
El tiempo
07:39
09/11/12

A CIG de Cee celebra explica en Cee os motivos da Folga Xeral

A CIG de Cee celebra explica en Cee os motivos da Folga Xeral

A CIG vai celebrar maña, venres 9 de novembro, no Salón de Actos do Concello de Cee unha Asemblea Aberta para explicar os motivos da convocatoria de Folga Xeral do próximo 14 de novembro e avaliar as consecuencias que están a ter "as regresivas políticas económicas, laborais e sociais que está impulsando o Goberno do PP, baixo a dirección da UE e o FMI".

Un conxunto de medidas e reformas acometidas, segundo o sindicato, "coa escusa de fomentar a competitividade da economía e xerar emprego, pero que na realidade no fan máis que afondar na precarización laboral, a destrución acelerada de postos de traballo e o desmantelamento dos servizos públicos básicos".

E anima á ir á folga: "Fronte a esta ofensiva contra a maioría social, a CIG anima á clase traballadora a participar na Folga Xeral do 14-N e continuar na mobilización para evitar o saqueo do pobo e que non paguemos a crise as maiorías sociais que nada tivemos que ver coa súa orixe, mentres se continúa premiando, incentivando e apoiando aos grandes bancos, ás empresas multinacionais e, en xeral, aos especuladores que nos levaron á actual situación financeira e social".

Para explicar a súa postura, o sindicato organiza unha Asemblea Aberta, este Venres, 9 de novembro, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Cee.

Novas relacionadas

Comentarios