Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss

A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss
A CIG pola readmision de Ramos en Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans A CIG manifestouse ás portas da fábrica de Brens pola readmisión de Ramos-Foto-Rafa Quintáns Puña na mesa pon a sección sindical da CIG no caso do compañeiro despedido no mes de decembro por facer unha publicación nas redes sociais. Despois de varias declaracións, a CIG manifestouse ás portas da fábrica en contra da represión sindical, pois considera a medida é "absolutamente desproporcionada e inxustificada”. Unha concentración á que, segundo a central, "algúns traballadores non puideron acudir xa que a Dirección de empresa de Cee, a través de xefes/as de departamento, amenazaron verbalmente (e así nos transmitiron algúns traballadores que non puideron acudir) que de asistir o considerarían un abandono de posto de traballo", sinala Xabier Santos. Un feito que corrobora o "clima de represión sindical" que denuncia un sindicato que ao mesmo tempo fai "unha valoración moi positiva da participación agradecendo a mesma". Lembran que o comentario de Ramos, o compañeiro despedido, é “fóra do ámbito da empresa, e enmárcase no seu dereito fundamental á liberdade de expresión”. Lembran que o compañeiro foi membro do comité e actualmente forma parte da sección sindical da CIG, e por iso consideran que “o despedimento supón un paso máis na campaña de represión que a empresa está a levar adiante contra a CIG pola loita contra a venda das centrais hidroeléctricas, a negativa a ratificar acordo marco estatal e a impugnación da votación fraudulenta pola cal que se aprobou o convenio colectivo para as fábricas de Cee e Dumbría e as centrais hidroeléctricas. Convenio que, de saír adiante, suporá modificar as condicións de traballo e un recorte dos dereitos laborais e salariais adquiridos”. Ramos levaba nada menos que 28 anos de servizo nas centrais, e “nunca antes fora obxecto de sanción". O propio traballador pediu desculpas posteriormente polo inapropiado do seu comentario e borrouno da rede social, "polo que a situación non debería ter maior transcendencia, sobre todo tendo en conta que o comentario se fai fóra do centro de traballo e nun ámbito pechado”. Manifestacion CIG pensions santiago xaneiro 2019

Asemblea de delegados e delegadas no local de Cee

Antes da concentración, o local da CIG en Cee acollía unha asemblea de delegados coa presencia de Paulo Carril. Non só o tema de Ferroatlántica saiu a colación, se non que se trataron outros asuntos de interese xeral como o estado do sistema público de pensións, os cambios na xubilación parcial, a suba do SMI, o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 ou sobre as últimas medidas adoptadas polo Goberno español en materia laboral. Carril falou da mobilización social como única vía para “frear a pobreza e a precariedade laboral, os ataques ao sistema público de pensións, o desmantelamento do noso tecido produtivo ou mesmo o auxe da extrema dereita". De aí a manifestación nacional que a CIG ten convocada para este sábado, 26 de xaneiro, en Compostela por unhas pensións públicas dignas e garantidas, "porque esta é unha loita que atinxe a toda a clase traballadora”.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios