Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A ciprés morto, carballo reposto

A ciprés morto, carballo reposto
O novo carballo procece unha finca dun particular de Sofán O novo carballo procece unha finca dun particular de Sofán A praza do Concello de Carballo xa ten unha nova árbore emblemática que sustitúe o oco que deixou o ciprés centenario que fora derrubado o pasado 30 de decembro como consecuencia dun forte temporal de choiva e vento. Como non podía ser doutra forma, a especie elexida é un carballo.  Así o anunciou o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas, que explica que a nova árbore provén dunha finca dun particular nos Carrís, parroquia de Sofán. Integrantes da brigada de Obras replantaron onte o carballo, aínda que non será ata a primavera cando se saiba se prendeu ou non. En todo caso, dende a brigada confían en que non haxa ningún problema e que todo transcorra con normalidade. Hai que lembrar que a árbore centenaria pereceu ao caer derrubada polo vento aínda que non ocasiounou danos materiais nin persoais. Así, o ciprés caeu de tal forma que non danou nin o quiosco da Praza do Concello, nin tampouco o edificio da casa consistorial nin tan sequera os puntos de luz situados a carón do ciprés ou o monolito. Na caída simplemente levou por diante un cable eléctrico. Debido á hora do suceso (de madrugada), de escaso tránsito, tampouco houbo que lamentar que ningunha persoa resultase ferida. Aínda que cos últimos temporais a árbore fora perdendo parte das súas pólas e de que outras xa estaban secas, o ciprés era un símbolo do Xardín Municipal pola súa lonxevidade. Os membros do actual goberno, esperan que o novo carballo acabe sendo co paso do tempo outro símbolo da vila. Novas relacionadas Fonte

Comentarios