Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A condonación da débeda da Comisión da Xunqueira ou a Operación Orquesta (II)

A condonación da débeda da Comisión da Xunqueira ou a Operación Orquesta (II)
David Demaria foi o encargado de pechar as festas da Xunqueira do 2016 David Demaria foi o encargado de pechar as festas da Xunqueira do 2016

Pleno convulso, novamente, en Cee, o celebrado na noite do pasado mércoes 7 de febreiro. Votouse conceder unha asociación nominativa á Comisión de festas para pagar a débeda da Comisión co Concello. Un pleno convocado para votar a aprobación dunha subvención nominativa á Comisión de Festas da Xunqueira, para sufragar unha débeda de 57.000€ pola organización das Festas da Xunqueira 2015 e 2016, derivada á falta de ingresos suficientes durante as festas. Unha débeda que sempre viu sufrindo a Comisión, formada por veciños que altruistamente ceden o seu tempo para o disfrute de todos os veciños.

A situación remóntase ao ano pasado, cando a empresa Galicia Espectáculos ameaza con demandar á Comisión se non se lle pagaba esa débeda de 57.000€. Unha demanda que afectaría persoalmente a Paco Brea, presidente da Comisión que asinaba os contratos ao seu nome confiando na vontade do alcalde Ramón Vigo. Un alcalde que leva intentando eludir responsabilidades nos dous últimos anos, sen asumir ningunha responsabilidade, botando todas as culpas a un Brea que mesmo tivo que acodir ás redes sociais para clarexar a situación.

Ao longo deste pasado verán tiveron lugar dous quentes plenos nos que o alcalde volveu a intentar escapar de respondabilidades, apesar de que o responsable de Galicia Espectáculos tiña recoñecido que non coñecía de nada a paco Brea e que todos os contactos os fixera persoalmente co alcalde. Pero aí a presión social fixo o seu traballo e a familia de Brea e os amigos da Comisión obrigaron ao Concello a tomar medidas.

Non se podía dar outra subvención durante o 2017 (xa recibira unha) polo que este pasado 7 de febreiro convocouse o pleno para aprobar a subvención nominativa de 57.000€ para sufragar a débeda. O pleno aprobou a subvención cos votos a favor do Grupo de Goberno (IxCee), Modesto Rivas (ex PSOE), coas abstencións de BNG, PP e Yolanda Leal (ex IxCee), e cos votos en contra Margarita (PSOE), Plácido (C’s) e Candiño (ex IxCee).

Así o pleno condona á Comisión a súa débeda a través dunha subvención. Un curioso xeito de solventar outra débeda municipal derivada da mala xestión das festas municipais (sóavos a Operación orquestra?).

Dende o BNG deixaron claro ao alcalde que “vostede e non merecía a aprobación, porque vostede se leva lavando as mans. Votar a favor sería lexitimar a súa maneira chapuceira de facer as cousas, pero decidimos abstenernos porque non podemos deixar unha familia sufrindo só por ter confiado en vostede”. Domínguez aproveitou para car á luz os últimos temas que están demostrando os "tumbos políticos" deste goberno: "Neria, a piscina, os problemas internos de IxCee e a deriva dun Concello que foi cabeceira de comarca e que a día de hoxe é furgón de cola".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios