Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Cooperativa de Quilmas denuncia á piscifactoría por contaminación con metais pesados

A Cooperativa de Quilmas denuncia á piscifactoría por contaminación con metais pesados

Xa non é a primeira. O pobo de Quilmas, en nome da Cooperativa de Agricultura Ecolíxica Rainha Lupa, da Asociación para a Defensa do Patrimonio de Quilmas e co apoio de ADEGA, xa presentaron unha denuncia por verquidos de materia orgánica no 2008. A denuncia que presentaron publicamente hoxe os responsables das entidades vén dende 2009, cando xa denunciaban posibles verquidos ilegais en varios cultuvos de trigo adxacentes á actual piscifatoría.

As 3 entidades acaban de presentar unha nova denuncia por posibles verquidos de metais pesados nas súa terras da empresa que xestiona a granxa acuícola, Stolt Sea Farm. Informan de que o Xulgado de Instrución núm.1 de Muros ven de abrir as dilixencias previas "por un presunto delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente".

Dende a cooperativa de agricultura ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas, aseguran que "as verteduras desta piscifatoría que veñen contaminando unha finca veciña de máis de 800 m2, o que supuxo a perda das colleitas e convertíu ao terreo en inhábil para a produción de alimentos". Os denunciantes achegaron un informe do Departamento de Química Física e Enxeñería da Universidade da Coruña, que aseguran, "confirma que os terreos están contaminados por metais pesados e substancias salinas procedentes de residuos industriais".
Así, para ADEGA "queda novamente en evidencia a realidade da acuicultura industrial que non só contamina o mar con residuos orgánicos, antibióticos e produtos químicos, senón que tamén envelena a terra".

Acuicultura?

As posicións entre administracións e entidades ecoloxistas son completamente opostas. Mentres a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, segue apostando pola acuicultura, e afirmaba a pasada semana que "Galicia xa conta cunha planificación estratéxica para ordear a actividade acuícola, a Estratexia Galega de Acuicultura."

En contra posiciónase radicalmente a entidade ADEGA, que "chama a atención sobre a insustentabilidade da piscicultura industrial que, alén dos brutais impactos paisaxísticos das súas instalacións e dos millóns de m3 de augas contaminadas con materia orgánica, antibióticos e químicos vertidos a caño libre anualmente, agora tamén envelena a terra con metais pesados".

Entrementres, o pobo de Quilmas, que ten apuntado que prefire o rockandroll e o trigo antes que o rodaballo, seguirá esperando para ver como evoliciona o novo Plan Director de Acuicultura Litoral.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa de ADEGA.

Comentarios