Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Copa Deputación serviu para que 9 equipos estreasen nova temporada

A Copa Deputación serviu para que 9 equipos estreasen nova temporada
Foto de Luis Gonzalez do Sofan - San Lorenzo copia Foto de Luis Gonzalez do ateigado derbi no Carral entre Sofán e San Lorenzo para a Copa Deputación

A Copa Deputación comezaba esta fin de semana con 9 equipos en liza. Ademais dos 7 equipos que estiveron o ano pasado en Preferente e 1ª, tamén abrían a tempora os cadros das Miúdas e do Bergantiños. As muradás tiveron pouca sorte, pero as bergantiñás pasaban rolda e terán o premio de xogar contra o Depor ABanca o vindeiro domingo.

As vitorias de Xallas e Sofán ante Baio e San Lorenzo respectivamente, deparan para este domingo un fermoso encontro de Preferente.

Pola súa parte o Soneira, que derrotou pola mínima ao Fisterra, xogará contra todo un Boiro. O Dumbría caía en Sigüeiro.

Baio - Xallas (0-1)

Baio-Xallas na Copa-Foto-Santi Soneira Baio-Xallas na Copa-Foto-Santi Soneira
  • Gol: 0-1, m.18: Julián López.

O escollido Mellor Xogador da temporada pasada parece que afronta o novo curso con folgos e foi clave na vitoria do cadro xalleiro ante un gran Baio.

San Lorenzo - Sofán (0-6)

  • Goles: 0-1, m.11: Adrián Quintela; 0-2, m.16: Iván Cambón; 0-3, m.35: Adrián Quintela; 0-4, m.56: Serafín; 0-5, m.72: Adrián Quintela; 0-6, m.77: Serafín.

Notouse o nivel de rodadura dos dous equipos neste interesantísimo derbi carballés, nunhas ateigadas bancadas do Carral. Dende moi pronto os sofanistas demostraron a súa superioridade ante un pouco rodado cadro de Verdillo.

Fisterra - Soneira (0-1)

  • Gol: 0-1, m.15: Aarón Fdez.

Un solitario gol do central Aarón serviu para que o Soneira pasase rolda, e fixese caixa, ante un gran Fisterra, cheo de retornados.

Sigüeiro - Dumbría (2-0)

Non puideron os de Julián comezar a temporada con vitoria.

Villestro - As Miúdas (5-0)

Chegaba o recén ascendido Villestro moito máis rodado o encontro ante unha Miúdas que só tiveran un día de adestramento para preparar o choque. Aínda así prantaron cara ás santiaguesas, cunha gran Julia baixo paus, e dúas frechas por banada como Bárbara e Marta.

A media poríanse por diante e coas Miúdas volcadas chegaría o segundo que mataría as esperanzas muradás. A partir de aí, chegaría a excesiva goleada. Así e todo non se baixou en ningún momento os brazos e con máis corazón que razón se intentou competir e estar á altura dun rival que soubo manexarse mellor co resultado favorable.

Brexo Lema - Bergantiños (1-2)

Gran vitoria das de Gueli, que mandaron na primeira metade e se metían por diante co gol de Mery. Na segunda empataban as locais, pero finalmente, foi Mery a que tamén fixo o 1-2 ó materializar un libre indirecto a 10 minutos para o final. Tamy tivo tres ocasións claras para sentenciar na segunda pero non estivo acertada.

Agora, o premio chámase DEPOR ABANCA!

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/9-equipos-da-costa-comezan-a-copa-deputacion/

Comentarios