Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte de Lois Patiño encandila ao público do Festival de Florencia

A Costa da Morte de Lois Patiño encandila ao público do Festival de Florencia
Lois Patino grabando na Costa da Morte

Xa triunfou no Festival de Locarno. E segue colleitando premios a documental de Lois Patiño 'Costa da Morte', realizado por Zeitun Films. Desta volta vén de obter o Premio do Público e unha mención especial do xurado na 54ª edición do Festival dei Popoli de Florencia.

Tras o triunfo de Locarno e o galardón á Mellor Película de non ficción na sección Novas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF) 2013, a documental segue levando o nome da nosa bisbarra polo mundo enteiro. Segue levando a nosa salvaxe natureza e a nosa realidade económica, facendo fincapé na forte influencia da natureza nas nosas vidas. Un exemplo é o protagonismo dos percebeiros na obra.

A documental segue percorrendo mundo. Esta pasada semana presentábase no Festival REC de Tarragona, e tamén na III Muestra de Cine Europeo de Lanzarote.

Lois Patino presentando Costa da Morte no Festival Rec de Tarragona

No CGAI da Coruña

Para quen poida, o filme poderá verse no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), da Coruña, 19 (20.30 horas) e 20 de decembro (18.00 horas), e o primeiro dos pases contará coa presenza do director.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios