Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte ponse en Negro contra a Violencia de Xénero

A Costa da Morte ponse en Negro contra a Violencia de Xénero
Este sábado é 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A comarca leva anos conmemorando esta data, e este 2017 faino con máis implicación que nunca, como o reflexan os 11 concellos de máis de 250 negocios da bisbarra que se implicaron na campaña “En Negro contra a Violencia de Xénero”. Non cansaremos de repetir, en todo caso, que cómpre chegar ao punto de que o Día da Violencia de Xénero ou non se conmemore ou que sexa todos os días. Pero mentres, parece evidentemente necesario seguir reflexionando e concienciando da necesidade de respectar, polo que repasamos todas as actividades que terán lugar estes días na bisbarra.  

25N cas Buseranas

25N cas Buseranas en Cee A única organización feminista da bisbarra, a Organización Feminista Buserana, centrará a súa actividade en Cee. Concentrarase o propio sábado a partir das 19:00 horas na Pza. 8 de marzo. Ademais da lectura do manifesto, as bravas Buseranas e tod@s @s que queiras acampañalas, poderán disfrutar da poesía de Rocío Leira e Suso Bahamonde, e da música de Adhara and Ritman.  

Cee

O Villa de Cee en nrgro contra a violencia de Xenero O Villa de Cee en negro contra a violencia de Xenero Implicación máxima en Cee de todas as entes sociais, deportivas e económicas de Cee. O Concello implicou aos equipos do Villa de Cee e ACB, a medio centenar de negocios, así como ao Centro Social, e animan á xente a que colgue panos negros polas fiestras. O venres 24 de novembro ás 12:00h será a concentración e lectura do manifesto contra a violencia de xénero NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO porque a previsión do tempo da chuvia. Participan neste acto o IES Agra de Raíces, o CPR Manuela Rial, APEM e ASPADEX. O manifesto do Concello o vai a ler ROCIO LEIRA. O alumnado de educación infantil xa foi participe xunto coas unitarias de Brens e Pereiriña dun contacontos pola igualdade de CAXOTO o día 16 na casa de cultura. Están previstas ademais unhas charlas de ciberacoso e seguridade nas redes para o alumnado  da ESO dos centros educativos: IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces e CPR Manuela Rial. Nos meses de decembro e xaneiro o alumnado de 6ª de primaria do CEIP Eugenio López e o alumnado de 3º da ESO dos centros educativos participarán nunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero "QUEN DIXO MEDO?" que leva a cabo a Deputación de A Coruña cun contacontos para os primeiros e un obradoiro "Escoita o meu son" para os segundos. O día 4 de decembro na casa de cultura,  Cee será a sede para impartir un programa da Deputación da A Coruña comarcal "COMPARTAMOS PLAN".  

Santa Comba

Semana completa arredor do 25N. O venres 24, a partir das 22:00h, o Multiusos acollerá a segunda sesión do ciclo de cine contra a violencia de xénero. Toca “No estás sola, Sara”. Xa o sábado O Ciclo de Teatro terá unha representación chamada “Desalmad@s”, a partir das 22:00h no Multiusos.  

Malpica

Hoxe en Malpica quixeron lanzar berro simbólico contra a violencia de xénero. O Centro Cívico acolle un acto no que presentan o calendario “Por elas, por nós", con imaxes de veciñas e veciños de Malpica que nos van lembrar durante todo o ano 2018 que a loita para conseguir a eliminación da violencia contra a muller é cousa de todas e todos.

Carballo

Coas ventas vestidas de negro, Carballo vólcase ca campaña con máis de 100 establecimentos participando activamente na concienciación. O día 24 ás 12 terá lugar na Praza do Concello unha concentración na que se lerá a Declaración Institucional aprobada polo pleno da corporación. O sábado 25 realizarase un apagado simbólico do alumeado tamén na Praza do Concello. Ademais os días 28 e 29 celebrarase no Pazo da Cultura un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres. O prazo de inscrición segue aberto ata o 24. E o mércores 29 rematarán os actos coa actuación da Tropa de Trapo, co espectáculo Contamos todas, para o alumnado de 1º de Bacharelato.

Corcubión

Dende o 23 até o 26 de novembro, o concello organizará distintas actividades dirixidas a toda a veciñanza. Así, o 23 de novembro o centro cultural A Capela do Pilar acolle ás 20 horas unha charla sobre “A realidade das mulleres e nenas vítimas da trata”impartida por Lourdes Pazos e Tatiana Conde, de Vagalume. O vernes, día 24 de novembro, haberá ás 12:30 horas unha concentración e a lectura do manifesto diante da Casa do Concello. E xa pola tarde, ás 16 horas, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria da vila participarán no obradoiro de coeducación Anduriñas.

Muros

O concello de Muros – a través do seu CIM – está a realizar estes días distintas actividades. Asi, este sábado, desenvolveuse na sala de actividades da piscina municipal un curso de “Defensa persoal e autocapacidades” – impartido pola academia galega de Seguridade Pública – e no participaron 20 mulleres. As actividades continúan o mércores coa presentación da guía sobre a igualdade do CIM, feita polos Bolechas. O venres, ás 12:30 horas, terá lugar na praza do concello unha concentración e a lectura do Manifesto contra as violencias machista e os integrantes de Adibismur leran a poesía “Pingas de pena”. Xa o sábado, o centro cultural e xuvenil de Muros acolle – ás 21:30 horas, a obra “Elena: xuizo a unha lurpia” da man de Teatro do Atlántico.  

Zas

en-negro-violencia-zas

Manuel Muíño e Patricia Fariña presentaron onte nas Torres do Allo a campaña “En negro contra as violencias”

Un total de 120 establecementos de todo o municipio, persoal dos centros de saúde, clubes de fútbol, centros educativos e distintas asociacións, ademais do equipo de goberno e do persoal administrativo do concello de Zas, participan por segundo ano na campaña “En negro contra as violencias”. Durante toda a semana, os establecementos comerciais tinguirán de negro os seus escaparates e os hostaleiros utilizarán uns salvamanteis específicos para a campaña. O venres 24, ás 12:30 horas, terá lugar unha concentración e a lectura do manifesto contra as violencias machistas diante casa do concello.  

Muxía

Ademais do Curso de defensa persoal, Muxía tamén participa na Campaña Muxía en Negro, animando a que dende o 23 ao 26 de novembro, as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. sexan vestidos de negro (os manequíns, os manteis do restaurante, ou un/ha mesmo/a). O acto central será unha Concentración 24 de novembro, ás 12.00h, diante da Casa consistorial, no que será gardado un minuto de silencio en lembranza das víctimas e darase lectura a unha declaración institucional para reiterar o noso compromiso para  loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres. Ademais, o sábado 25 haberá un expectáculo de “Maxia pola igualdade” con Fani Triana. Unha muller das poucas magas coñecidas e que ademais está moi comprometida coa igualdade. A actuación chega a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña e será ás 18.30 h., no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía. A entrada é libre e para tódolos públicos.    

Vimianzo

IES TErra de Soneira en Negro IES TErra de Soneira en Negro A pleno o tecido social vimiancés coa data. Os participantes do programa de Envellecemento Activo e os do curso de cociña 2-0, a Escola Municipal de Arte, a Biblioteca, o club de tiro con Arco DousxSetenta, os centros de ensino… todos implicados na campaña.  

Fisterra

O Concello e os 20 negocios implicados na campaña, organiza o vindeiro venres, 24 de novembro ás 11:30h, no pavillón municipal un acto de concienciación.  

Camariñas

Tamén en Camariñas haberá unha concentración ás 11:00h do venres 24 na porta do Concello, na que participarán alumn@s e mestres dos centros de ensino.  

Coristanco

Coristanco prepara unha charla de Sergio García Vázquez, Garda Civil, sobre a importancia da eliminación da violencia contra a s mulleres. A cita este xoves 23 ás 17:00h no Edificio de Cultura.  

Máis información

Actividades neste 2017 polo #25N

Novas relacionadas Fonte

Comentarios