Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe case 275.000€ para a limpeza das praias

A Costa da Morte recibe case 275.000€ para a limpeza das praias
mar-fabula-limpeza-praias O programa de limpeza de praias 2017 da Deputación da Coruña inclúe 12 concellos da Costa da Morte.  Imaxe: Mar Fábula A Deputación da Coruña vén de adxudicar o programas de limpeza de praias 2017 aos concellos da provincia, dotado cun orzamento de 900.000 euros. A asignación provisional correspondente a cada un dos 41 municipios publicarase hoxe, 21 de abril, no Boletín Oficial da Provincia. En canto aos concellos da bisbarra, serán 12 os que se inclúan neste plan o que suman un importe de 274.273,09€. A finalidade do mesmo é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal que se encargará da limpeza dos areais da provincia durante a tempada estival. “Ademáis de contribuir á mellora da imaxe das praias coruñesas de cara á tempada estival, este programa axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que ao cargo deste programa e do de socorristas das praias fluviais e piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas”, afirmou o presidente da institución provincial - Valentín González Formoso - que destacou tamén todas as solicitudes dos concellos para participar neste programa foron admitidas. A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, polo que os contratos deberán estar comprendidos entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2017. A Deputación aplicou criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, e da poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. A superficie das praias valorouse cun máximo de 70 puntos (para aqueles concellos que teñan máis de 400.000 metros de superficie de praias), mentres que a poboación do municipio supuxo ata 30 puntos na valoración. Os concellos da Costa da Morte incluidos neste plan son:
  • Cabana de Bergantiños: 15.465,35€
  • Camariñas: 24.849,07€
  • Carballo: 31.061,34€
  • Carnota: 27.445,80€
  • Cee: 21.190,09€
  • Corcubión: 8.225,08€
  • Dumbría: 19.879,26€
  • Fisterra: 22.706,38€
  • Laxe: 26.091,52€
  • Malpica: 23.001,86€
  • Muros: 24.849,07€
  • Ponteceso: 29.508,27€
Novas relacionadas:  Fonte

Comentarios