Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte reduce a súa fenda dixital

A Costa da Morte reduce a súa fenda dixital
teclado

Estamos seguros de que QPC ten posto un bo gran de area nestes últimos 7 anos para que a Costa da Morte reducise enormemente a súa fenda dixital.

Naquel 2008 a Costa da Morte era a 2ª zona con menos ordenadores nos fogares, cun mísero 18%, só por debaixo do Incio (Ourense). Neste 2014, un 52% das casas da Costa da Morte teñen un ordenador, e un 56% conexión a internet. Un crecemento espectacular que nos sitúa por riba de zonas como A Coruña Suroriental, Lugo Sur, Lugo Oriental, Ourese Central, Ourense Sur, O Carballiño-O Ribeiro… Pero aínda lonxe de zonas urbanas como A Coruña, Santiago, Pontevedra ou Vigo, onde entre un 70 e un 75% das casas teñen internet.

Son datos do último estudio do Instituto Galego de Estatística, que mide, entre outras moitas cousas, a incidencia, a porcentaxe de fogares que dispoñen de ordenador e conexión a internet sobre o total de fogares en cada área e Galicia.

Implantacion de internet Costa da Morte 2018 Implantacion de internet Costa da Morte 2013 Evolucion da implantacion de Internet nos fogares da provincia da Coruna por areas-Fonte-IGE

Quen ten ordenador e internet en casa?

Ordenador (incidencia)2010201220132014
Área da Costa da morte44,9745,1155,1151,90
Área da Coruña62,9268,3071,9873,05
Área de Santiago69,2172,3074,7371,35
 
Conexión a internet contratada (incidencia)2010201220132014
Área da Costa da morte29,4834,9650,8356,42
Área da Coruña52,4261,4969,1468,61
Área de Santiago53,6264,0671,8368,70

Canto usamos internet?

E dicimos que QPC ten paticipado activamente na redución da fenda dixital por varios motivos. Ademais dos cursos de alfabetización dixital que leva desenvolvemento pola zona, QPC é un gran activo na rede costeira. Levamos dende 2008 creando contidos hiperlocais para que os veciños da Costa da Morte teñan máis argumentos e cousas que ler na rede.

Así, a día de hoxe, unha de cada dúas persoas na Costa da Morte utilizaron a internet no último mes, unha cifra importante aínda lonxe do 70% das áreas urbanas galegas.

Sen dúbida, a mocidade é a máis activa, pero ata o 90% dos menores de 44 anos miraron internet nos últimos 3 meses. Entre os 45 e 54 anos, un 72% das persoas galegas buscaron algo na rede, por un 4% dos veciños entre 55 e 65 anos, e un 14% dos maiores de 65 anos.

Frecuencia Uso de internet en Galicia

Formación QPC

Máis novas

Máis novas QPC

Fonte

Comentarios