Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares

A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares

Chega tamén a problemática dos comedores escolares á Costa da Morte coa nova imposición do Copago. A última decisión da Xunta fai que sexan moitos pais e nais os que teñan que asumir os custes do comedor, en función da renta, e ademais impide que os alumnos das familias que non poidan pagar o comedor poidan comer no mesmo espazo coa súa fiambreira.

As Federacións de Pais e Nais de Alumnos de case todo o país (Compostela e comarca, Vigo, Ferrolterra, Cangas, Ponteareas, Val Miñor e Costa da Morte) non tardaron en reaccionar e xa enviaron o seu escrito ao Conselleiro. Entenden o comedor escolar coma un servizo público, e de aí que asuman que os gastos deben ser en todo caso asumidos pola administración, que para iso deberían estar os impostos.

Ademais, lamentan a decisión da subida das taxas de ensinanzas especiais como a música, o deporte ou as artes escénicas, ao non consideralas secundarias, como así o demostra a Xunta con esta decisión.

Este é o escrito completo:

Escrito das Federacións de Anpas á Xunta ante o copago nos comedores escolares

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Xosé Antón de la Fuente Subiela, presidente da federación de ANPAs da Costa da Morte.

Comentarios