Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte volca esforzos na FITUR

A Costa da Morte volca esforzos na FITUR

A presentacion do Gran Fondo Ezaro na FITUR tivo unha gran acollida A presentacion do Gran Fondo Ezaro na FITUR tivo unha gran acollida Volveu estar moi presente a Costa da Morte neste comezo da FITUR 2019. Tanto a nivel comarcal en paraugas provincial, como varias iniciativas municipais, a Costa da Morte deixa a súa pegada na feira de turismo máis importante do ano. Alomenos para os nosos representantes, que non escatiman en recursos. Botouse de menos que as entidades levasen unha das estrellas dos anos anteriores, o Camiño dos Faros, se ben houbo un trasno da Asociación aprendendo de iniciativas internacionais e facendo contactos. En todo caso a CMAT e a Deputación, Solpor, Muxía Natural, os Concellos de Muxía, Dumbría, Camariñas, Mazaricos… amosaron unha serie de marabillas da nosa bisbarra.

O Gran Fondo do Ézaro, protagonista

[fbvideo link="https://www.facebook.com/granfondoezaro/videos/1159270430907048/?t=9" width="850" height="400" onlyvideo="1"] ”O espectáculo ciclista máis importante de Galicia”. Así presentaron Concello de Dumbría, CMAT e Deputación da Coruña O Gran Fondo do Ézaro, o gran protagonista do primeiro día de feira no stand provincial. Guiados por Terio Carrera, con caras coñecidas da televisión coma Touriñán, David Amor e Federico Pérez, e con lendas co ciclismo coma Miguel Indurain e Perico Delgado, a presentación da proba foi unha das máis visitadas do día. Terio Carrera e Pequeno falando do Gran Fondo Ezaro na Fitur Terio Carrera e Pequeño falando do Gran Fondo Ezaro na Fitur Xosé Regueira e José Manuel Pequeño destacan a gran proxección nacional e internacional que supón a proba para a Costa da Morte, sendo un auténtico reclamo deportivo e turístico. Parece que a Deputación tamén toma nota da importancia de accións deportivas de alcance internacional como motor do sector turístico. O propio Pequeño recoñeceu que “o evento supón un importante retorno a nivel turístico para a zona, pois o mirador pasou nestes anos de rexistar 2.000 a 80.000 visitantes”. A proba, que percorrerá cinco concellos da Costa da Morte (Cee, Muxía, Muros e Carnota, ademais de Dumbría), celebrarase o 7 de xullo e espera reunir de novo a máis de 1.500 participantes e contar con ampla presenza internacional. Presentacion do Gran Fondo Ezaro no FITUR A Presentacion do Gran Fondo Ézaro foi a gran cita da Costa da Morte na FITUR

A CMAT presentou “A Moura da Costa da Morte”

Jesus Picallo de Solpor na Fitur Jesus Picallo de Solpor na Fitur O ente encargado de coordinar o sector turísrtico da bisbarra, a CMAT, levou ao stand de Galicia unha presentación sobre o Patrimonio inmaterial, que serviu para presentar a nova imaxe da marca: a Moura da Costa da Morte. Falaron o presidente da CMAT, o alcalde mazaricán Juan José Blanco Riveiro, ademais da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o presidente da asociación Solpor, Jesús Picallo, o alcalde de Muxía, Félix Porto e o deputado provincial Xosé Regueira. E non fallaron os alcaldes de Zas, Malpica, Fisterra, Carnota e Laracha. CMAT e Deputacion na Presentacion do Patrimonio Inmaterial da Costa da Morte en FITUR CMAT e Deputacion na Presentacion do Patrimonio Inmaterial da Costa da Morte en FITUR Blanco falou da Moura da Costa da Morte como “elemento diferenciador e para fortalecer a imaxe da marca que ten que ver con ese patrimonio inmaterial, con ese halo de misterio, maxia e espiritualidade tan acentuado no noso territorio”. Así este “personaxe mitolóxico será a partires de agora a guía e embaixadora da Costa da Morte”, facendo das lendas e os mitos grandes protagonistas. [fbvideo link="https://www.facebook.com/visitacostadamorte/videos/294277191281004/?t=13" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Así, a CMAT aproveitou para presentar as novas experiencias,:

  • “A Ruta da Posta do Sol”, onde “toma relevancia este último atardecer de Europa e intégrase a espiritualidade no contraste entre o relixioso e o pagano”;
  • ”A ruta literalia” que “pon en valor o legado dos autores que naceron, viviron ou escribiron sobre Costa da Morte”;
  • ”Luces e Sombras por Costa da Morte”: que pon en valor todo o patrimonio vinculado á morte.

Mazaricos leva o Camiño, a paisaxe e a ornitoloxía

O alcalde de Mazaricos aproveitou para promocionar o Camiño de Santiago e o seu patrimonio natural coa Guía de aves, Senda paisaxística e ornitolóxica de Mazaricos. Fixo ademais contacto con touroperadores para promocionar os servizos e o camiño. Para Blanco é “fundamental” aproveitar a “plataforma que é FITUR” para “difundir as novidades en canto a turismo e patrimonio sobre as que se traballa nos concellos”. O alcalde de Mazaricos facendo contactos con touroperadores na Fitur O alcalde de Mazaricos facendo contactos con touroperadores na Fitur

Camariñas leva o encaixe

Presentacion da Mostra do Encaixe na FITUR Serviu a FITUR como presentación oficial da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 17 ao 21 de abril. A alcaldesa Sandra Insual presentou o cartel e o vídeo, baixo o lema “Cando todo encaixa”, que volve tirar de emocións para facer do encaixe o fío condutor de toda unha vida. Destacaron que a Mostra é un gran atractivo turístico para a zona, servindo de foco de atracción “no mundo da moda e o folclore dos bolillos entre diferentes xeracións”. [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodecamarinas/videos/358508424971989/?t=3" width="850" height="400" onlyvideo="1"]

Muxía Natural

Tamén lle toca á Asociación Muxía Natural estar na FITUR coa CMAT, en clave patrimonial. Muxía encargouse da parte do “Santuario da Virxe da Barca, a Lenda do Mar”, propoñendo un vídeo coa lenda das propiedades curativas das pedras. Tamén tivo protagonismo “Ruta do Perello”, en referencia a un antigo bruxo-duende, unha ruta circular literaria que comeza e remata no santuario da Barca, percorrendo a fonte da Pel, a Sala do Perello, o Monte Corpiño, o secadoiro de congros, a casa do poeta López Abente, A Marina e casa onde viviu Rosalía de Castro. A entidade aproveita a viaxe para presentar na Casa de Galicia en Madrid, o turismo de experiencias, náutico-pesqueiro, como ser percebeiro ou mariñeiro por un día, e a marca gastronómica “Muxía Cociña”.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-promociona-en-fitur-a-sua-parte-mais-deportiva-e-natural/

Comentarios