Venres. 19.04.2024
El tiempo

A cultura tamén vertebra a Costa da Morte

A cultura tamén vertebra a Costa da Morte

Vertebrar a Costa a través da nosa cultura tamén é importante. Pois que os alumnos de Ponteceso poidan achegarse a Cee a disfrutar dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema é riqueza cultural e fai comunidade.

Así, na mañá do xoves 31 de maio, dous grupos de alumnos e mestres de 3º e 4º de Primaria do CEIP. Eduardo Pondal de Ponteceso visitaron o Museo da Fundación. Foron un total de 60 rapaces e 4 mestres, os cales visitaron o Museo divididos en 2 grupos de 30 alumnos cada un.

Ao igual que o resto de grupos que concertan a súa visita, percorreron o Museo da man do seu coordinador, Darío Areas coñecendo de primeira man a biografía do fundador, a historia do que foi un dos máis antigos institutos de Galicia, ollando as pezas expostas que forman parte do rico patrimonio da Fundación.

Remataron a visita coñecendo o xardín botánico do centro e a súa fermosa capela, unha das poucas partes que se conservan prácticamente no seu estado orixinal.
Visitaron tamén, ademáis do Museo Fernando Blanco, o Museo Seo de Corcubión, para despois parar a comer no Ézaro, onde pola tarde visitarían o Museo da Electricidade.

Visita dende Salceda de Caselas

Pero vai máis alá o mito do Museo. A comezos de mes, o luns 7 de maio, foi un grupo de alumnos e mestres do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas os que visitaron o Museo.
Foron un total de 56 rapaces de 3º da ESO e 3 mestres, os cales viñeron pasar unha xornada de convivencia con alumnos do IES Fernando Blanco.

Tesouros da Fundación

Novas relacionadas

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios