Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:37
12/02/10

A débeda

As verdades como puños de José Luis Louzán

Creo que nunca teño falado aquí da “Débeda”. Non ten demasiada complicación. Se un coñece o concepto da denominada “débeda histórica” para con Galicia reclamada polos nacionalistas (con razón), non debería ter demasiados problemas en entender a que me refiro con débeda cando falo dela así, con maiúsculas e entre comiñas. Porque “a Débeda” e moito mais que un simple problema de cartos entre administracións, persoas ou estamentos. A Débeda é un puro modo de entender o desfase e a falla total de consideración coa que as administracións se despachan cos cidadáns da Costa da Morte, ou cos e calquera periferia que se precie de ser tratada coma tal.

No caso da Costa da Morte a débeda se divide en tres tramos diferentes de ausencia de compromiso, dirección e ríspeto polo administrado. O primeiro tramo fala puramente de cartos; a Costa da Morte recibe menos atención en canto a inversións publicas que calquera outra parte do territorio galego, si dividimos esa inversión entre o numero de veciños residentes e a restamos do total de cartos ingresados. Para resumilo un exemplo sinxelo, nos pagamos 30, somos 100 a pagar e se recadan 3000 pero as inversións non chegan a 400. O déficit, sen saber nada de nada de economía, sería de 2600. Débeda.

A débeda no plano social se resume en cousas coma a deficiente atención sanitaria (en comparación a periferia da Coruña, Santiago, Vigo ou Ourense) e a absoluta desidia en resolver este desfase ou o referido os tramites administrativos. Outro exemplo, se un precisa de catro pólizas e dous permisos para un asunto da administración e vive na Coruña, ocupa tres horas e o resolve. Se un vive na Costa da Morte ocupa un dia enteiro entre ir, vir, reclamar, agardar e voltar a súa casa. Lembren, a administración, para min innecesaria e gravosa, so traballa polas mañas. Débeda.

Por último, a débeda ten un plano de ausencia total de ríspeto pola cidadanía. Isto é mais difícil de explicar pero de seguro que todos o sentimos algunha vez, o ver na televisión unha noticia sobre algunha inauguración ou sobre a visita dun parlamentario galego a comarca. E difícil, xa digo, de transmitir a sensación pero seguro que algunha vez a apreciaron. Ese desdén, ese aire de perdoa vidas, esa incompatibilidade coa suposta “vontade de servizo” coa que todos os representantes públicos debería erguerse pola maña e deitarse pola noite. E a ausencia de escrúpulos a hora de expresar esa nula vontade de resolver os problemas de aquí…

Lembro unha conversa recente co Presidente da Deputación, o fío do Dolmen de Dombate, xa saben, vinte anos para poñer un toldo enriba dunhas pedras, si ese caso. O maior responsable publico da provincia asumía sen rubor que “na costa me sinto moi ben porque a xente fala con franqueza e cando algo non se pode facer tamén o entenden”. Claro, que mellor. Na Coruña, na cidade, non se sinte igual porque cando precisan algo o reclaman, o exisen e obrigan os vagos a poñerse a traballar e a resolver o problema… a resolvelo hoxe, non en 20 anos¡¡

A Débeda ten resolución, aínda que diso falarei noutra ocasión. Agora ben, o único modo no que se pode cobrar unha débeda e reclamándoa. Coma esperemos que nola paguen sen máis…

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios