Venres. 19.04.2024
El tiempo
Domingo Guerra
09:59
17/07/17

A débeda bancaria despois de catro anos

A débeda bancaria despois de catro anos

Fai agora catro anos (9 de xullo de 2013), publicábamos un artigo titulado “Débeda municipal”, onde se informaba da situación dos 15 concellos que integraban, daquela, Quepasanacosta.

Desde esa data, o volume da débeda viva mellorou ostensiblemente. Así, dos 25,4 millóns de euros de pasivos financeiros a finais de 2012 (contemplando xa a incorporaron de Carballo, Coristanco e Santa Comba, na análise), pasouse a unha cifra de 8,7 millóns de euros, o que representa unha diminución de 16,7 millóns de euros (redución do 65,7%).

A particular situación dos nosos concellos a 31/12/2016, tal e como se presenta na táboa, permite concluír que 8 deles liquidaron totalmente a súa débeda cos bancos; que 6 teñen préstamos pendentes por importes relativamente baixos; e que os 4 restantes (Camariñas, Carnota, Muros e Ponteceso), os máis empeñados, superan o millón de euros a esa data.

Debeda Viva dos Concellos dA COSTA DA MORTE

En termos xerais, podemos afirmar que existen dúas razóns, dous motivos fundamentais, que explican esta situación: 1º) a obriga de destinar os bos resultados orzamentarios obtidos no exercicio a reducir o endebedamento existente; e 2º) as férreas restricións legais e regulamentarias que limitan a concertación de novos préstamos.

Ao marxe destas particulares circunstancias, vinculadas aos principios de estabilidade orzamentaria (equilibrio financeiro) e prudencia financeira (minimizar riscos e custes), é innegable o esforzo realizado neste tempo, polas diferentes Corporacións Municipais, para sanear as súas finanzas.

Por iso, e despois de efectuar este continuo traballo, que alivia sensiblemente a carga financeira municipal, é necesario actuar con responsabilidade económica, destinando os aforros do endebedamento a investimentos necesarios; xa que, como tamén afirmábamos noutro artigo, neste caso publicado en 2014, é o menos que podemos pedir.

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios