Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Deputación adxudica obras de mellora en estradas de Zas, Ponteceso, Dumbría e Cee

A Deputación adxudica obras de mellora en estradas de Zas, Ponteceso, Dumbría e Cee
A Deputación da Coruña vén de adxudicar obras de mellora en estradas provinciais dos termos municipais de Zas, Ponteceso, Dumbría e Cee por importe de 951.847 euros. O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño Castro, destacou a importancia das obras, que contribuirán a mellorar a seguridade da circulación,  e subliñou  especialmente o proxecto que se levará a cabo na DP 9301, nunha zona próxima ao núcleo de Baio (Zas) que discorre entre os puntos quilométricos 0 e 1+320 e que suporá un importante investimento de 551.302,75 euros. A empresa COPCISA foi a adxudicataria destes traballos, que terán un prazo de execución de nove meses. Tratáse dun vial provincial que conecta dúas estradas importantes a nivel comarcal, o vial A Coruña-Fisterra e a estrada Baio- Ponteceso, e que “tras as obras quedará configurado como unha travesía con carrís de circulación de 3 metros de ancho e beirarrúas de 2 metros, tamén na marxe dereita da calzada, onde agora non existen (tramo de Baio Pequeño, entre os PK 0+750 e PK 1+000). Estas beirarrúas axudarán a mellorar a seguridade nun tramo cun importante tráfico peonil, que na actualidade carece de arcén, o que representa un perigo de accidentes ou atropelos. Os traballos inclúen a dotación dunha nova rede de pluviais e dunha nova capa de rodaxe para a calzada. Nesta zona ubícase tamén un centro escolar e unha igrexa, e desenvolvense importantes actividades como a feira do automóbil Feirauto, polo que as obras contribuirán a mellorar a seguridade vial nun punto clave do municipio.   A institución provincial adxudicou tamén á empresa Sondeos Porzuna as obras de construción de dúas novas sendas peonís nas estradas DP 6801 da Campara a Corme por Brantuas e DP 6804 de Corme ao Roncudo, por importe de 158.315 euros. No caso da estrada DP -6801, a nova senda discorerrá pola marxe esquerda da calzada, terá dous metros de ancho e ubicarase entre os puntos quilométricos 0+00 e 0+210. Na DP- 6804, a senda, de 2,5 metros de ancho, discorrerá por ambas marxes do vial entre os PK 0+000 e 0+370. Ambas contarán con sistema de recollida de pluviais e nova sinalización vertical e horizontal. O prazo de execución dos traballos é de 5 meses. A área provincial de Vías e Obras adxudicou tamén por 214.230 euros as obras de mellora do firme da estrada DP 2302 de Hospital a Brens, en tramos correspondentes aos termos municipais de Dumbría e Cee. En concreto, estenderase unha capa de mistura bituminosa en quente en toda a superficie da calzada entre os puntos quilométricos 0+00 ao 2+100 e do 5+150 ao 8+800, co obxceto de mellorar as adherencia dos vehículos e a seguridade na circulación. As obras inclúen a limpeza previa das marxes e beiravías e o posterior pintado e sinalización do vial.

Comentarios