Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Deputación financia as obras de mellora do Pedibús de Carballo

A Deputación financia as obras de mellora do Pedibús de Carballo
Pintando-as-rutas-do-Pedibus-2 Recentemente, os usuarios e usuarias pintaron as rutas do Pedibús de Carballo  Onte sairon a licitación as obras para adaptar e facer accesibles os cruces peonís polos que discorren as rutas escolares de Carballo. O proxecto - que ascende a 143.579 euros - está financiado pola Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Aforro e Investimentos (PAI). O Pedibús de Carballo utilízano diariamente os estudantes de educación primaria para asistir aos seus centros educativos, polo que se fai necesario extremar as medidas de seguridade viaria e de accesibilidade nas rúas polas que discorren. As obras consistirán na adecuación dos vados, ampliando o ancho e reducindo as pendentes dos mesmos, co obxectivo de eliminar as barreiras arquitectónicas. Todos os vados terán un ancho mínimo de 1,8 metros e unha pendente inferior ao 10%. Tamén se adaptarán os bordos para que estean á mesma altura que a calzada nas zonas de cruce e se instalará pavimento táctil, que conta cun tipo de relevo especial para guiar o itinerario peonil e indicar a proximidade dos cruces. Así mesmo, executaranse pasos de peóns elevados naquelas zonas onde sexa necesario para mellorar a seguridade viaria. En total, actuarase en 27 cruces nas rúas Dr. Fleming, Gran Vía, Alfredo Brañas, Vila de Corcubión, Vázquez de Parga, Reus, Eduardo Pondal, Costa Rica, Nicaragua, Brasil e Fábrica. Novas relacionadas Fonte

Comentarios