Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Escola de Pais e Nais de Vieiro arrincará en novembro

A Escola de Pais e Nais de Vieiro arrincará en novembro
Responsables de Vieiro Responsables de Vieiro

De novembro a maio estará en funcionamento a Escola de Pais e Nais da Asociación Antidroga Vieiro. Así o anunciaban as responsables da entidade, no marco do programa familiar. Un programa aberto a todos/as os/as pais/nais interesados/as e responsables familiares, co único requisito de que se forme un grupo de polo menos 15 persoas. Os días e as horas do curso consensuaranse co profesional responsable do programa.

Serán sesións presenciais quincenais cunha duración de 1, 5 horas cada unha, nos que se informará e formará aos pais á hora de que estes poidan desempeñar con garantía o labor de educadores/as sobre todo en temas relacionados coa educación persoal e social.
Trataranse en talleres de Habilidades persoais e sociais - Disciplina positiva - Violencia - Condutas adictivas. - Sexualidade. -Os estudos. - Comunicación familiar.

As persoas interesadas en participar nestas escolas poden anotarse no teléfono de contacto da Asociación 981756161.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vieiro-xa-imparte-os-seus-cursos-de-habilidades-sociais-nos-colexios-de-carballo/

Comentarios