Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Escola dos Muíños critica os novos recortes da Xunta para coas Bibliotecas Escolares

A Escola dos Muíños critica os novos recortes da Xunta para coas Bibliotecas Escolares

Temos na Costa da Morte unha das escolas que teñen un Premio Nacional de Bibliotecas. Pero a situación das Bibliotecas Escolares pode estar en risco, así o denuncian os propios directivos do CEIP Os Muíños, considerando insorporable a situación das mesmas.

I é que a Xunta vén de publicar o borrador do Decreto polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica de Educación (LOE) en centros sostidos con fondos públicos, da Comunidade Autónoma de Galicia. Nel parece clara a retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Dende o blog da biblioteca O niño da Curuxa veñen de enviar un manifesto sobre "a insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas".

Dende Os Muíños valoran o traballo realizado polos docentes das bibliotecas do país, e lembra que o PLAMBE fomentou a formación e o impulso da creatividade entre eles. A formación realizada entre os docentes vese en perigo cos novos recortes e con ela a situación das Bibliotecas, que deixarán de ser focos de actividade cultural a ser aulas de castigo.

Piden que a Xunta fomente a produción de materiais propios. E lamentan que "ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable". Esperemos que non acaben coas súas forzas e poidan seguir recibindo premios a nivel estatal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da dirección do centro da man de Susana Seoane Dovigo.

Comentarios