Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia

A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia
Care Santos falou cos membros do clube da lectura sobre dúas das súuas novelas Care Santos falou cos membros do clube da lectura sobre dúas das súuas novelas Os membros do Clube da Lecutra do IES Pedra da Aguia - formado polo alumnado do centro de ensino e por persoal externo - recibiron o pasado mércores a visita da escritora catalá Care Santos. A autora mantivo dous encontros ao longo do día. Durante a mañá reuniuse con trece alumnas do clube da lectura de 3º e 4º da ESO. Con elas conversou sobre a súa última novela, "Mentira", que trata o tema dos menores condeados por delitos graves e a súa vida nos centros de reclusión e reforma. Care Santos falou das experiencias vividas durante as súas visitas a estes centros onde se basou nas historias reais dalgún dos seus membros para escribir a novela. Esta temática despertou un enorme interese entre as lectoras que mesmo se atreveron a facer algunha que outra pregunta ao respecto. Incluso lle propuxeron facer unha segunda parte da novela sobre a vida dos personaxes que aparecen nela uns anos máis tarde. Unha idea que non foi rexeitada pola escritora. O libro conta co prestixioso premio Edebé de literatura xuvenil. Xa pola tarde, Care Santos reuniuse durante dúas hora co clube de adultos onde falaron de "Habitaciones cerradas". A éstes faloulles sobre as vicisitudes que pasou o texto antes de ter a súa forma definitiva, o complexo engranaxe de personaxes e tempos e as diversas voces da narración, así como datos e anécdota da exhaustiva documentación realizada sobre a Barcelona da época. Esta obras, que foi traducida a varios idiomas, conta cunha adaptación á televisión en formato de miniserie. Segundo relatan dende o IES Pedra da Aguia de Camariñas, "os encontros resultaron sumamente agradables para todas as partes ata o punto de ofrecerse como guía para as localizacións barcelonesas da novela se o grupo decidía achegarse á cidade Condal". Care Santos tivo a oportunidade de coñecer algúns lugares emblemáticos de Camariñas, tales como o Cabo Vilán, dos que quedou encantada e disposta a visitalos noutra ocasión. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios