Imprimir

A excavación do Castro das Barreiras pecha cun gran achádego metalúrxico

que pasa na costa | 04 de maio de 2018

Molde de fundicion metalurxico atopado no Castro das Barreiras Molde de fundición atopado no Castro das Barreiras confirmando que había metalurxia

Remata esta semana o novo proxecto de excavación do Castro das Barreiras, en Vimianzo, cunhha descuberta impresionante, emocionante. Aparecía molde de fundición para bronce, un achádego que confirma que neste especial castro había industria metalúrxica. Precisamente a metaluxia podería ser a causa da singular ubicación, pois non é normal atopar castros no medio dunha chaira.

É a descuberta máis importante deste mes de excavacións, pero ademais saíron á luz uns muros de vivendas de dimensións enormes, varios restos de cerámica...

Agora toca tapar o castro e poñerse a analizar os achádegos.

Grandes muros das vivendas do Castro das Barreiras Grandes muros das vivendas do Castro das Barreiras .

Divulgación

Mención aparte merece o proxecto de divulgacón, que levou centos de nenos a visitar a excavación e que puideron sentir a emoción da arqueoloxía da man de Tito Concheiro. Ademais as visitas abertas dos xoves foron todo un éxito, recibindo xente de toda Galicia.

https://www.facebook.com/castrodasbarreiras/videos/196071104219270/?t=2

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vimianzo/a-excavacion-do-castro-das-barreiras-pecha-cun-gran-achadego-metalurxico/20180504093227087883.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia