Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Factoría Nasmo volve armar a súa Noite de Rock

A Factoría Nasmo volve armar a súa Noite de Rock
Noite de Rock Sala Nasmo 2017

Moito gustamos de promocionar os eventos musiqueiros máis auténticos da contorna. E non se nos pode escapar que a #SalaNasmo é un dos núcleos culturais da mocidade costeira.

E seguen armando sen parada. Desta volta, pensan xa na III Noite de Rock da Sala Nasmo, que se celebrará o vindeiro sábado 1 de xullo no Porto de Muros, a partir das 22:30h.

Contarán coas bandas locais: Archivo Adxunto (punk-rock) Os Desterrados (rock en jallejo) e Evil Bastard (metal) como banda convidada deste ano estará os herculinos EXIT, residentes no mítico Mardigrass da Coruña cos seus eternos tributos aos mellores temas de hard rock internacional.

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios