Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto

A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto
[fbvideo link="https://www.facebook.com/orgullosergalego/videos/857277904433478/?t=5" width="800" height="400" onlyvideo="1"] A familia do falecido no porto de Malpica o pasado mes de decembro púxose en contacto con todos os grupos parlamentarios demandando solucións para o porto malpicán. I é que cada día ducias de barcos se xogan a vida entrando no peirao por mor das correntes que se forman á entrada dos diques. Os grupos de En Marea e PSOE recolle este chamamento e presentan no Parlamento Galego para que a Xunta reforce as medidas de seguridade no porto de Malpica, ante “o preocupante o seu incumprimento dada a situación dalgúns portos galegos, que non cómpren cos requisitos mínimos de seguridade, á espera de actuacións concretas como, por exemplo, o caso do porto de Laxe, pendente dunha dragaxe que obriga aos mariñeiros a refuxiarse no porto de Camariñas no caso de maresía, ou no porto de Malpica, no que calquera persoa que tivese a oportunidade de ver saír un barco, se sorprendería da valentía que se precisa para realizar esta manobra, xa que é evidente a situación de perigo que supón esta operación nas condicións actuais, cualificada no medio mariño como de pericia, valentía e temeridade”. Porén, “cada saída do porto continúa a ser unha operación cun enorme risco para as persoas que se dedican a estes está a provocar accidentes dramáticos máis a miúdo do desexado, como o ocorrido o pasado decembro no que houbo que lamentar a perda dunha vida humana. Non é un tema novo, lévase moito tempo advertindo dos riscos de non acometer as obras para evitar a situación de perigo da bocana. A pesares diso, nos orzamentos do ano 2019 non hai partidas establecidas para realizar as obras que eliminen o alto nivel de risco existente no porto. Cabe, polo tanto, preguntarse se ante a gravidade da situación o Goberno galego ten decidido que actuacións vai desenvolver para evitar novas desgrazas”, sinalan os socialistas. En Marea pide ademais á conselleira do Mar que "informe canto antes en sede parlamentaria sobre os resultados dos informes realizados a raíz do accidente, e tamén aclarar se o seu departamento ten pensado acometer algunha medida na infraestrutura. En Malpica a veciñanza xa activou unha campaña de recollida de sinaturas, con máis de mil apoios recadados, para que Portos de Galicia reforme a dársena de cara a garantir a seguridade das embarcacións nas entradas e saídas a porto".

Novas relacionadas

 

Comentarios