Venres. 19.04.2024
El tiempo

A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto

A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto

Continúa Cabana dividida e se ben os procesos para poñer a andar defintivamente a Mina de Ouro de Corcoesto seguen avanzando, os grupos opositores non desisten. A semana pasada presentaba unhas alegacións con 1.300 sinaturas de apoio (repasamos abaxio o sentir das mesmas da man de Verdegaia), e seguen a reunirse cada fin de semana seguen xuntándose coa intención de informar aos veciños.

A pasada semana ademais, saltaban dúas novidades: a febre do ouro parece extenderse a Zas e xa hai dúas empresas interesadas en instalarse nos montes zaenses para extraelo metal noble. Unha é a propia Edgewater, agora xa Minerías Corcoesto, e xa ten solicitado comezar a actuar nos montes de Vila e Rial de Arriba, preto de Santa Comba, preto de vellas minas pechadas hai anos.
Unha zona na que tamén hai prantexado un parque eólico, polo aínda queda por establecer se son dúas actividades compatibles.

Outra das novidades que saltaba é que será a finais de ano cando a Xunta, en principio e dependendo das alegacións presentadas, aprobe definitivamente o proxecto mineiro en Corcoesto, pois polo de agora só están realizando sondeos.

Alegacións presentadas

Rematou o prazo e como vimos xa houbo alegacións presentadas, tanto por numerosos veciños como por entidades sociais. Como Verdegaia, que entende que "o proxecto mineiro de Corcoesto ten gran número de irregularidades".

Unha das máis importantes é a súa declaración como proxecto industrial estratéxico, unha medida que axilizaría os trámites. Pero segundo Verdegaia non cumple os requisitos porque:

  • Non crea os 250 postos de traballo directos que a lexislación establece, xa que moitos dos que se recollen no proxecto son subcontratas, non postos directos, a maioría son temporais e non se contemplan os postos que o proxecto podería destruír.
  • O volume de investimento non se detalla co nivel de concreción requirido na lei.
  • En contra do recollido no proxecto, de ser declarado estratéxico non habería un impacto beneficioso sobre a economía dos concellos da zona debido á xeración de ingresos públicos por cotizacións sociais, taxas e impostos; xa que as exencións tributarias e as subvencións das que gozan os proxectos estratéxicos anularían dito efecto beneficioso, podendo incluso chegar a resultar un balanzo negativo para as arcas públicas.
  • A tecnoloxía empregada no proxecto (lixiviación do ouro mediante cianuro) foi prohibida en varios países polas súas graves repercusións sobre o medio, e mesmo o Parlamento Europeo aprobou unha resolución instando aos países da Unión Europea a prohibila, alertando dos riscos que dela se derivan. Non se pode, por tanto, apelar á “importancia da tecnoloxía”, que require a lei para a declaración de estratéxico.

Por todos estes motivos, desde Verdegaia solicitan da Administración que, en cumprimento da lexislación, se denegue a consideración de estratéxico a este proxecto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios