Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE

A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE
As ANPAS da Costa da Morte contra a LOMCE

"As ANPAs da Costa da Morte rexeitamos a LOMCE e os ataques permanentes ao ensino público por parte do goberno central e autonómico". Así de rotunda se manifesta por primeira vez Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos da Costa da Morte sobre a nova Ley Orgánica de Mejora de la Calidad Educativa que intenta implantar o polémico ministro Wert.

A entidade que aínda está na última parte do proceso de constitución, asinaron a mediados de decembro de 2.012, uns estatutos consensuados dende a comisión xestora, e ademais quedou conformada a representación directiva da federación de ANPAs de centros públicos da Costa da Morte.

Rexeitamento á LOMCE

As ANPAs da Costa da Morte fan un completo análise no que explican por que rexeitan a LOMCE e critican os ataques ao ensino público. Nel destacan a redución orzamentaria de 425 millóns de euros nos últimos anos, as supresión de centos de unidades, a redución de 2500 profesores e profesoras e, polo tanto, do profesorado dos centros, a redución do profesorado de atención ás necesidades educativas específicas, o incremento das ratios, a non cobertura das baixas do profesorado, a redución da ofertas educativas, a redución desproporcionada das bolsas de estudos, así como o endurecemento dos criterios de acceso ás mesmas, ou o incremento das taxas universitarias que dificultan o acceso e a continuación dos estudos universitarios.

E critican o camiño privatizador da proposta, unha vez que mentres aplican recorte no ensino público, desvían 250 millóns de euros cada ano á empresas privadas de ensino. Por exemplo, no último quinquenio aumentou nun 30% o financiamento público das redes privadas de centros.

Ademais, consideran a LOMCE un proxecto de lei recentralizador, antidemocrático, segregador e elitista, que ataca a igualdade de oportunidades, impide o acceso de todas e todos a unha educación de calidade.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa da man de Xosé Antón de la Fuente Subiela, presidente da Xunta Xestora de constitución da federación de ANPAs da Costa da Morte.

Comentarios